Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto tramo 2 da liña de alta tensión a 132 kV subestación Boimente-subestación Buio e liña de 30 kV do parque eólico de Rioboo, a realizar nos municipios de Cervo, O Valadouro, Viveiro e Xove (Lugo), promovido pola empresa Eurovento, S.L. (Expediente IN407A 01/126-2, 5691 A.T.).

O artigo 5, punto 2º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, (DOG nº 188, do 25 de setembro), dispón que o órgano substantivo someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude:

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de trinta días hábiles, contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambiental do proxecto de tramo 2 da liña de alta tensión a 132 kV subestación Boimente-subestación Buio e liña de 30 kV do parque eólico de Rioboo, que se realizará nos municipios de Cervo, O Valadouro, Viveiro e Xove (Lugo), promovido pola empresa Eurovento, S.L.

Segundo.-Para os correspondentes efectos informativos, poranse ó dispor dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

-Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo.

-Concellos de Cervo, O Valadouro, Viveiro e Xove (Lugo).

Terceiro.-As alegacións, dirixidas ó director xeral de Industria, Enerxía e Minas formularanse durante o devandito prazo de trinta días e serán presentadas en calquera das oficinas que establece o artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL