Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto sectorial tramo 2 da liña de alta tensión a 132 kV subestación Boimente-subestación Buio e liña de 30 kV do parque eólico de Rioboo, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de abril de 2002.

O Consello da Xunta de Galicia acordou na súa reunión do 11 de abril de 2002 declara-lo proxecto tramo 2 da liña de alta tensión a 132 kV subestación Boimente-subestación Buio e liña de 30 kV do parque eólico de Rioboo, promovido pola empresa Eurovento, S.L., como de incidencia supramunicipal, para os efectos previstos na Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia.

Polo tanto, en cumprimento do disposto no artigo 13.2º do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, segundo o cal os plans ou proxectos que o Consello da Xunta declare como de incidencia supramunicipal se someterán por un prazo mínimo dun mes ós trámites de información pública, mediante o correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na Comunidade Autónoma e de audiencia ás entidades locais sobre as que incida o plan ou proxecto.

RESOLVE:

Someter a información pública o proxecto tramo 2 da liña de alta tensión a 132 kV subestación Boimente-subestación Buio e liña de 30 kV do parque eólico de Rioboo, declarado como de incidencia supramunicipal por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de abril de 2002, por un prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñerán do citado prazo dun mes para examinaren o proxecto sectorial na Direc

ción Xeral de Industria e na Delegación Provincial de Lugo e presentaren ante esta dirección xeral as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas