Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/346).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Eléctrica Fuciños Rivas, S.L.

Domicilio social: Ronda da Coruña, 36, Melide.

Denominación: L.M.T.S., C.R. Coruña-Rúa Galicia-M. Freire-C.T. Ronda C. II.

Situación: Melide.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 535 m de lonxitude en conductor R.H.V. de

150 mm Al, que parte do C.T. M. Freire e final na L.M.T.S. a C.T. rúa de Galicia, pasando polo C.T. Ronda da Coruña II e saída subterránea deste C.T. enlazar coa L.M.T.S. a C.T. Cazallas. C.T. tipo interior de 1.000 kVA a 15/20 kV B2. Concello de Melide.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 30 de novembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións