Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 28 de maio de 2002 Páx. 7.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/433).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Fuciños Rivas, S.L.

Domicilio social: Ronda da Coruña, 36, Melide.

Denominación: L.M.T.S., C.T. r/ Río Furelos.

Situación: Melide.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 387 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 150 mm Al, que parte do C.T. praza de José Paz Ares e final no C.T. r/ Río Furelos tipo interior de 630 kVA a 15.000-20.000±2,5-5%/398-230 V. Concello de Melide.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 5 de novembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña