Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ROIS

ANUNCIO.

No BOP da Coruña número 92, do 23 de abril de 2002, publícanse integramente as bases da convocatoria realizada polo Concello de Rois para prover

unha praza de persoal laboral fixo, mediante concurso, unha praza de conserxe-operario, con categoría equivalente ó grupo E, incluída na oferta de emprego público do Concello de Rois para o ano 2002. Un extracto das bases fíxose público no Diario Oficial de Galicia nº 80, do 25-4-2002.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Rois, 26 de abril de 2002.

Carlos Ares Villar

Alcalde en funcións