A comisión de goberno, en sesión do dezaoito de febreiro de dous mil dous, acordou prestar apro
bación definitiva ó proxecto de urbanización da prolongación da rúa Faustino Santalices, promovido por Promociones Inmobiliarias Amco, S.L. e redactado polo arquitecto Ricardo Aguilar Argenti, composto do documento visado pola Delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en data 7-3-2001 e un anexo a memoria e novo plan nº 3, que reformaban e anulaban os correlativos daquel, facendo constar que no que se refire ó largo viario da rúa Faustino Santalices, correspóndenlle 10 metros sobre as edificacións existentes, tal e como se recoñece no acordo do Pleno da Corporación de 27-10-2001.
O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes, contados desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, poidéndose entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte daquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º) e 4º) da Lei 29/1998.
Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes consonte á dereito.
Pontevedra, 25 de febreiro de 2002.
P.D.
Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo
e Medio Ambiente
Julio Dapena Outomuro
Secretario xeral