Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle das rúas Pedro Alvarado, Doutor Corbal (expediente 7349/411).

O pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 29 de abril de 2002, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Estimar, polas razóns expostas nos antecedentes do presente acordo, a alegación presentada no período de información ó público do expediente, por parte da congregación relixiosa Siervas de San José, e, xa que logo, incluír no estudio de detalle a previsión dun muro de dous metros de altura contado desde a rasante máis alta, para a separación do inmoble propiedade da congregación relixiosa Siervas de San José e os espacios libres de uso público do ámbito do estudio de detalle.

Segundo.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle na rúa Doutor Corbal e Pedro Alvarado, promovido pola entidade mercantil Inversiones Río Mao, S.L., redactado polo arquitecto José Javier Abelairas Rey, visado polo COAG, en data do 26 de novembro de 2001, coa inclusión do muro de separación antes referido e as seguintes precisións:

-Tanto o dereito de uso público de superficie da praza de uso público e os seus accesos, como o pleno dominio do terreo afectado pola completa execución da rúa Pedro Alvarado, deberán ser cedidos ó Concello de Vigo con ocasión da licencia de obras que se obteña para a execución deste estudio de detalle.

-De conformidade co preceptuado no punto 3.2.3.5.b) in fine das normas urbanísticas do vixente PXOU de Vigo e o acordo da Comisión Municipal de Goberno do 7 de febreiro de 1991, sobre condicións de carácter xeral en cesión de uso de superficie, o propietario ou propietarios do inmoble deberán asumi-lo mantemento dos espacios libres de uso público en superficie.

-Na licencia de obras que se solicite para a edificación proxectada neste estudio de detalle, deberá incluírse a execución do muro de separación xa referido que será levada a cabo polo promotor da edificación á súa costa.

Terceiro.-Procédase á publicación do presente acordo no DOG e no BOP, así como a súa notificación individual ós propietarios do ámbito e á alegante, na forma prevista nos artigos 58 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, o presente anuncio servirá de notificación nos termos previstos no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para todos aqueles propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou intentada esta non se puidese practicar.

Vigo, 14 de maio de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo

FUNDACIÓN PÚBLICA ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN

SANITARIA