Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión do 24 de abril de 2002, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para executa-las obras de renovación da iluminación pública nas rúas profesor Otero Pedrayo, Alcalde Ramiro Rueda Fernández e outras. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución das obras do proxecto denominado renovación da iluminación pública nas rúas Otero Pedrayo, Ramiro Rueda, parte de Serra dos Ancares, parte de río Eo, Pombal, Xardín e supresión de cruzamentos aéreos.

b) Prazo de execución: catro meses. Non obstante, o prazo será o ofrecido na proposición do adxudicatario.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: o importe total do contrato é de 215.282,41 euros, non obstante o prezo do contrato será o ofrecido polo adxudicatario na súa oferta.

5. Garantías.

Provisional: 4.305,65 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría d).

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª planta).

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos de anuncios.: 1.039,85 euros que serán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 6 de maio de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto Alcaldía 60/1999)

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de área