Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

No BOP nº 55, de data 20 de marzo de 2002, procedeuse á publicación das bases de selección de persoal laboral, correspondente á oferta de emprego público do ano 2001, para cubri-las seguintes prazas:

-Tres prazas de peóns, mediante contrato laboral de duración indefinida, para a brigada de obras e servicios.

Por este anuncio convócanse probas selectivas para a cobertura das prazas anteriormente descritas, significando que o prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir da data seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

Mos, 9 de abril de 2002.

P.D.

Alejandro Vila González

Alcalde