Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria do día 14 de maio de 2002, acordou aprobar definitivamente o proxecto de compensación da área de reparto 10, presentado pola xunta de compensación

da AR-10, e que foi redactado polo arquitecto José Luis Varela Varela e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con datas do 4 de abril de 2002 (a memoria) e do 20 de marzo de 2002 (os planos).

Contra este acordo poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde a data de publicación deste anuncio. Así mesmo, poderá interpoñerse, con carácter previo e potestativo, e no prazo dun mes desde a data desta publicación recurso de reposición ante esta alcaldía; neste caso o prazo para interpoñer recurso contencioso-administrativo contarase desde o día seguinte a aquel no que se lle notifique a resolución expresa ou se produza a desestimación presunta (que se produce polo transcurso dun mes desde a presentación da reposición) do recurso de reposición no seu caso interposto, ata entón non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo.

Lalín, 15 de maio de 2002.

Camilo González Bodaño

Alcalde accidental