A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, acorda darlle
publicidade á adxudicación do contrato correspondente ó concurso público 002/2002, polo procedemento aberto e trámite anticipado de gastos seguinte:
1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario de Pontevedra, rúa Loureiro Crespo nº 2, 36001 Pontevedra. Teléfono: 986 80 70 00. Fax: 986 80 00 01.
2. Modalidade de adxudicación elixida: procedemento aberto, concurso público.
3. Categoría do servicio e descrición: servicios de mantemento.
4. Data de adxudicación do contrato: o inicio do servicio comezará o día 1 de abril de 2002.
5. Criterios de adxudicación do contrato: os establecidos no prego de cláusulas administrativas.
6. Número de ofertas recibidas: oito.
7. Nome e enderezo dos prestadores do servicio:
-Eulen, S.A., estr. de Arteixo, km 1,8, A Grela, 15008 A Coruña.
-Iberman, S.A., avda. Juan Pablo II, nº 21, 50009 Zaragoza.
8. Prezo para un período de dous anos:
-Firma Eulen, S.A.: lotes nº 1, 2 e 5: 1.621.573,25 euros.
-Firma Iberman, S.A.: lotes nº 3 e 4: 289.941,76 euros.
9. Valor e parte do contrato que poden ser obxecto de subcontratación a terceiros.
10. Outras informacións.
11. Data de publicación do anuncio de licitación no DOCE: 27-12-2001.
12. Data de envío do anuncio: 26-4-2002.
13. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas:
Pontevedra, 28 de marzo de 2002.
Rafael Pérez-Santamarina Feijóo
Xerente xeral do Complexo Hospitalario
de Pontevedra