Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.709

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2002, da Delegacion Provincial de Ourense, pola que se anuncian os concursos públicos, polo procedemento aberto e trámitación ordinaria, para proceder ás contratacións con carácter de contrato administrativo especial dos servicios de cafetería dos centros sociais de Celanova e Ribadavia (Ourense) dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 19 de decembro de 2001 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Asuntos Sociais.

Esta delegación de Asuntos Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-las contratacións dos servicios de cafetería nos seguintes centros:

* Centro Social de Celanova. Rúa San Rosendo, s/n.

* Canon mínimo de explotación: trinta e seis con cero seis euros anuais (36,06 euros).

* Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata un (1) ano. Pode ser prorrogable ata 10 anos.

* Clasificación do contratista: non se esixe.

* Garantía provisional: non se esixe.

* Forma de tramitación: ordinaria.

* Nº expediente: 1/2002.

* Centro Social de Ribadavia. Rúa Extramuros, s/n.

* Canon mínimo de explotación: trinta e seis con cero seis euros (36,06 euros).

* Prazo de execución: desde a data de adxudicación ata un (1) ano. Pode ser prorrogable ata 10 anos.

* Clasificación do contratista: non se esixe.

* Garantía provisional: non se esixe.

* Forma de tramitación: ordinaria.

* Nº expediente: 2/2002.

1. Exposición da documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación técnica, poderá ser examinada nas delegacións provinciais da Consellería de Asuntos Sociais, de 10 a 14 horas, nos días hábiles.

2. Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas no texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

3. Lugar: a presentación de propostas farase no rexistro da Delegación Provincial de Ourense, rúa Sáenz Díez nº 33, en sobres pechados ou por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

4. Prazo de presentación de propostas: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará ós 15 días naturais ás 14 horas.

5. Documentación que deberán presenta-los licitadores: o licitador presentará en sobre pechado e asinado por el, a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas descritas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Criterios de adxudicación: os definidos no punto 11 das follas de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe o presente concurso.

7. Apertura de propostas: será realizada pola mesa de contratación o décimo terceiro día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de propostas, na sala de xuntas da Delegación Provincial de Ourense na rúa Sáenz Díez nº 33, ás 10 horas, en acto público.

Se coincidise ese día en sábado ou festivo, reuniranse o primeiro día hábil seguinte.

8. O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario/s.

Ourense, 17 de abril de 2002.

Cristina Fernández Rodríguez

Delegada provincial de Ourense