Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.700

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se sinala a data para os pagamentos do prezo xusto por expropiación e imposición de servidumes de paso da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 161/1997).

De conformidade co disposto nos artigos 48.1º da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 48.2º, 49º, 50º e 51º do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, esta delegación acorda sinala-los días 28 e 30 de maio de 2002, a partir das 10.30 horas, para que o pagador da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A., proceda nas

oficinas da Casa do Concello de Carballo ós pagamentos do prezo xusto e xuros, por expropiación e imposición de servidumes de paso da liña eléctrica aérea a 66 kV desde a subestación de Carballo a UNEMSA (expediente 161/1997), ós interesados propostos pola citada empresa como titulares dos predios afectados por este proceso expropiatorio, ós que se lles dirixirá notificación individual para o efecto.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixirlle

ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 27 de marzo de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña