Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 3 de maio de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública das instalacións electromecánicas que se citan. (Expediente IN661A 00/3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285) do sector eléctrico e polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, pola disposición transitoria décima primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo (DOG nº 136) polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública das instalacións eléctricas que se citan:

Solicitante: Frinsa Eólica, S.A.

Domicilio social: Gandariña-Saiñas, Palmeira, 15959 Ribeira-A Coruña.

Denominación: parque eólico monte San Alberto.

Concellos afectados: Ribeira (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 15,6 MW.

O que se fai pública para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios e demais titulares afectados que se relacionan no anexo desta resolución, así como das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións no prazo de trinta días a partir da última publicación.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e deste xeito dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei de decembro de 1955, de expropiación forzosa.

A Coruña, 3 de maio de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña