Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 27 de maio de 2002 Páx. 7.701

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización do proxecto reformado da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/56-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización do proxecto reformado da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Sobral-Pobadura.

Situación: Ourense-Coles.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV, de 55 m, derivada desde o apoio nº 11 da L.M.T. Velle-Quintela e remata no C.T. proxectado tipo pé de poste con 250 kVA. R/T 20.000/380-220 V en Seara Vella. Rede de baixa tensión subterránea derivada do C.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 9 de abril de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense