Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILA DE CRUCES

EDICTO.

Aprobados inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 18 de abril de 2002, os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o concurso público por procedemento aberto do contrato para a adquisición da subministración de máquina varredoira con 70 colectores de residuos sólidos, expoñéndose ó público por un prazo de oito días hábiles, para efectos de que os interesados poidan examinalos e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Pola súa vez convócase licitación pública para a adxudicación da citada subministración, que quedaría aprazada no suposto de presentárense reclamacións ós pregos de bases, restablecéndose o que reste, a partir do día seguinte ó da resolución destas.

Obxecto: é a adxudicación, mediante concurso polo procedemento aberto, da subministración de máquina varredoira con 70 colectores de residuos sólidos.

Tipo de licitación: 60.000 euros.

Prazo de entrega: 2 meses.

Garantías: a provisional establécese en 1.200 euros. A definitiva igual ó 4% do importe da adxudicación.

Presentación de proposicións: presentaranse, en sobres individuais na Secretaría do Concello, das 9 ás 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

Apertura de plicas: terá lugar ás 9 horas do primeiro día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación de proposicións. Se este fose sábado terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Criterios de adxudicación: serán os fixados na cláusula do correspondente prego de condicións.

Modelo de proposición: o recollido na correspondente cláusula do prego de condicións. Os licitadores presentarán simultaneamente coa proposición e en sobre pechado os documentos que se indican na referida cláusula.

Gastos: serán por conta do adxudicatario os gastos dos anuncios, así como tódolos derivados do contrato, incluídos os de transporte e entrega da subministración.

Vila de Cruces, 24 de abril de 2002.

O alcalde-presidente

Rubricado