Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.652

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA HOSPITAL DA BARBANZA

ANUNCIO de contratación.

O director da Fundación Pública Hospital da Barbanza abre o proceso de recepción de ofertas para a contratación do seguinte servicio:

Obxecto: contratación do servicio de transporte de doentes en ambulancia medicalizada ou non. (Ref. Ambulancias).

Orzamento anual estimado: 72.121,45 euros.

Apertura de proposicións: ás 11 horas do día 14 de xuño de 2002 na sala de xuntas da Fundación Pública Hospital da Barbanza.

A documentación completa das condicións técnicas, económicas e contractuais, pódese recoller na Fundación Pública Hospital da Barbanza, Servicio de Administración, Lugar de Salmón-Oleiros s/n, 15993 Ribeira (A Coruña) de 9 a 14 horas, e consultar na páxina www.sergas.es.

Poderán presentarse ofertas ata as 14 horas do día 4 de xuño de 2002.

Ribeira, 10 de maio de 2002.

Salustiano González Vinagre

Director da Fundación Pública Hospital

da Barbanza