Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.652

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión que tivo lugar o día 15 de marzo de 2002, acordou prestar aprobación definitiva á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento para regulación urbanística na avda. de León, subida a Miraflores-Sanxenxo.

O presente acordo esgota a vía administrativa e contra este poderá interporse directamente por quen se considere lexitimado o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Nembargantes, tamén poderá interpoñerse calquera outro recurso que o interesado considere procedente consonte a dereito, significándose que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non admite interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Sanxenxo, 17 de abril de 2002.

Telmo Martín González

Alcalde