Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.651

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do concello, na sesión que tivo lugar o día 1 de abril de 2002, aprobou inicialmente a nova conta de liquidación provisoria dos gastos de urbanización e xestión da unidade delimitada na rúa da Queimada, o que leva consigo a modificación da incluída no expediente de reparcelación aprobado polo concello o 7 de maio de 1999.

En cumprimento do que dispón o artigo 102 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ós propietarios afectados por este expediente que, por seren descoñecidos ou ignorarse o seu paradoiro, non poidan ser notificados persoalmente, e que a seguir se relacionan:

-Comunidade de propietarios do edificio número 22 da rúa da Queimada.

-Comunidade de propietarios do edificio número 58 posterior da rúa de Cruceiro da Coruña.

-Comunidade de propietarios do edificio número 64-66 traseiro da rúa de Cruceiro da Coruña.

-Cores Ramos, José María e Cabanas, Adolfina.

-Couso Rodríguez, Amparo e outras.

-Couso Rodríguez, Sara e María.

-González Moure, Juan e Taboada Pereira, Pilar.

-González Noya, Emilio e González Gutensperger, Rosmarie.

-Inmobiliaria Noyasar, S.L.

-Otero Rodríguez, Baltasar e Gómez, Nieves.

-Rey Fandiño, Enrique.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo