Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PEDRAFITA DO CEBREIRO

ANUNCIO.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación da subministración, baixo a modalidade de arrendamento con opción de compra, dun camión para recollida de lixo, exponse ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos no artigo 122 do TRRL.

De conformidade co referido artigo anúnciase a licitación simultaneamente co prego de condicións se ben aquela se aprazará no suposto de producírense reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución pola corporación.

1. Entidade adxudicadora. Concello de Pedrafita do Cebreiro (Lugo).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de camión de recollida de lixo (arrendamento con opción de compra).

b) Características do vehículo: as especificadas no anexo I do prego de cláusulas.

c) Lugar de entrega: Concello de Pedrafita do Cebreiro.

d) Prazo de entrega: un mes.

e) Duración do contrato: tres anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 146.888 euros.

Ano 2002: 29.378 euros máximo.

Ano 2002: 58.755 euros máximo.

Ano 2004: 58.755 euros máximo.

5. Garantías: non se esixen.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Pedrafita do Cebreiro, praza de España, nº 2. Teléfono: 982 36 71 03. Fax: 982 36 71 50.

7. Data límite de obtención de documentos e información: ata o día anterior ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista: os especificados no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

9. Presentación de ofertas.

-Data límite de presentación: oito (8) días hábiles a partir do seguinte ó anuncio de publicación no Diario Oficial de Galicia ou BOP, tomando como data para o comezo de cómputo o seguinte ó da derradeira publicación que se produza.

-Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico administrativas particulares.

-Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Pedrafita do Cebreiro, praza de España, nº 2, Pedrafita do Cebreiro 27670, Lugo.

-Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

-Admisión de variantes: non.

10. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Pedrafita do Cebreiro o primeiro día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación, ás doce horas.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

Admítense as propuestas presentadas por correo con cumprimento dos requisitos establecidos no arti

go 80 do Regulamento da Ley de contratos das administracións públicas.

Pedrafita do Cebreiro, 15 de maio de 2002.

José Luis Raposo Magdalena

Alcalde