Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CORGO

ANUNCIO.

O pleno do concello, en sesión do 13 de maio de 2002, aprobou os proxectos técnicos das obras de acondicionamento e mellora desde San Cristovo (N-VI) ó hospital, paso a nivel e desde Escoureda ó límite do concello e acondicionamento e mellora de accesos en Abuín, parroquia de Chamoso.

Os citados proxectos expóñense ó público por un prazo de 10 días naturais.

Así mesmo, na citada sesión plenaria, aprobáronse os pregos de cláusulas administrativas particulares

que rexerán a contratación, polo procedemento aberto e sistema de concurso, das obras mencionadas. Os citados pregos estarán expostos ó público durante 8 días para os efectos de que se poidan presenta-las reclamacións contra eles.

Ó mesmo tempo o concello anuncia a licitación dos citados contratos de obras, a cal quedará aprazada se houbese reclamacións contra os proxectos ou pregos ata a súa resolución.

Obxecto do contrato.

Obra nº 1: acondicionamento e mellora desde San Cristovo (N-VI) ó hospital, paso a nivel e desde Escoureda ó límite concello.

Obra nº 2: acondicionamento e mellora de accesos en Abuín, parroquia de Chamoso.

Lugar de execución: concello do Corgo.

Prazo de execución: tres meses.

Orzamento de licitación:

-Obra nº 1: 62.734,80 A IVE incluído.

Obra nº 2: 30.411,21 A IVE incluído.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Garantías: provisoria: obra nº 1: 1.254,70 A.

Obra nº 2: 608,22 A.

Información: o modelo de proposición e o prego de cláusulas administrativas facilitaranse no Concello do Corgo (Lugo).

Presentación de proposicións: trece días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste edicto no BOP de Lugo ou no DOG.

O Corgo, 16 de maio de 2002.

José A. Ferreiro González

Alcalde