Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.625

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (271/2001).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 271/2001, seguidos por instancia de Diego Posada Freije e outro contra a empresa Fernández Bedoya, José Enrique e outro sobre cantidade, se dictou a sentencia que no seu encabezado e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Lugo o 11 de setembro de 2001. Vistos, por Mª de los Ángeles Andrés Vega, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos de Lugo, os presentes autos de xuízo verbal número 271/2001, sobre cantidade no que son partes como demandantes Diego Posada Freije e Moisés Oviedo González, representados polo letrado Antonio Grandal Pita, non comparecendo as empresas demandadas Fernández Bedoya, José Enrique e Fernández Bedoya, Benjamín (Pinturas Vifer), nin ningunha persoa que legalmente as represente a pesar de estar citadas en legal forma. Decido que estimando en parte a demanda deducida por Diego Posada Freije e Moisés Oviedo González contra a empresa Fernández Bedoya Benjamín, debo condenar e condeno a esta demandada a que lle aboe a cada un dos demandantes a cantidade bruta de trinta e cinco mil dezaseis pesetas (35.016 pesetas), polos conceptos expresados ó fundamento de dereito primeiro in fine desta sentencia, e desestimando a demanda no restante. Desestímase

igualmente a demanda no que fai á codemandanda empresa Fernández Bedoya, José Enrique, á que se absolve de tódolos pedimentos daquela. Notifíquese esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral, e en especial o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, que consignou na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-60-nº de autos 271/2001, que este Xulgado do Social ten aberta no Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade, rúa da Raíña, nº 1, a cantidade obxecto da

condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno

recibo, mailo depósito de 25.000 pesetas, prevido para esta clase de recursos que deberá constituírse na mesma conta nº 2322-65-nº de autos 271/2001 do Banco Bilbao-Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na Secretaría deste xulgado ó tempo de interpoñe-lo recurso, caso de se-la empresa demandada condenada quen o interpuxer, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo». Mª de los Ángeles Andrés Vega. Rubricado. Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada pola maxistrada que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu secretario certifico. Rafael González Alió. Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Fernández Bedoya, José Enrique, en ignorado paradoiro, expido e asino esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo o 19 de abril de 2002.

O secretario

Rubricado