Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.625

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (135/2002).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas 135/2002 se dictou esta sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Carballo o 18 de abril de 2002.

María D. Rivas Navarro titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos desta cidade e o seu partido xudicial, vista e oída en xuízo oral e público a presente causa de xuízo de faltas por furto rexistrada baixo o número 135/2002 e tramitada por instancia de Jesús Queijeiro García en calidade de denunciante contra Fernando José Teixeira Pereira, en calidade de denunciado, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que condeno a Fernando José Teixeira Pereira como autor dunha falta contra o patrimonio á pena de tres fins de semana de arresto, con expresa condena en custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, prevíndoas de que contra ela poderán interpoñer neste xulgado recurso de apelación, do que coñecerá a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Fernando José Teixeira Pereira, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Carballo o 18 de abril de 2002.

O secretario

Rubricado