Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.624

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2002 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala técnica de xestión da Universidade de Vigo.

Rematado o proceso selectivo, convocado por Resolución do 23 de xullo de 2001 (DOG do 30 de agosto) pola que se convocan probas selectivas para o ingreso por promoción interna na escala técnica de xestión da Universidade de Vigo e á vista da proposta elevada a este rectorado polo tribunal cualificador.

Verificado o cumprimento dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, consonte co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro), de reforma universitaria.

Este rectorado

RESOLVEU:

Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira da escala técnica de xestión da Universidade de Vigo os aspirantes aprobados que se relacionan, ordenados consonte a puntuación acadada.

Orde NomeDNI

1 Rotea Villanueva, Antonio36060438

2 Hermida Paredes, Mª de los Ángeles35305929

3 Ojea Troncoso, Mª Dolores35548320

Segundo.-Para adquiri-la condición de funcionario de carreira os interesados deberán prestar xuramento ou promesa, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Os funcionarios nomeados continuarán tendo como destino definitivo o posto que tiveran adxudicado con tal carácter no momento da súa toma de posesión.

Terceiro.-De conformidade co previsto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas para tomar posesión o persoal nomeado deberá realizar declaración expresa ou realiza-la opción prevista na devandita lei.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso administrativa.

Así e todo, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, ante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de conformidade co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 9 de maio de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE CARBALLO