Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.618

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2002, da Direción Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros da do 7 de febreiro de 2002, pola que se aproban e sen fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías do grupo I e II do persoal laboral da Xunta de Galicia.

Advertidos erros materiais na resolución do 7 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públcas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos ós procesos selectivos para o ingreso nas distintas categorías do grupo I e II do persoal laboral da Xunta de Galicia, esta dirección xeral en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

-Incluír nas relacións definitivas de aspirantes admitidos ó proceso selectivo do grupo I, categoría 002 (titulado superior médico/a) pola quenda de acceso libre a Mª Esther Varela Sotelo con DNI 33249213-E.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública