Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.618

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2002, do tribunal I-B designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso á categoría 6 (titulado superior psicólogo), correspondente ó grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocadas pola Orde do 30 de xullo de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 20 de agosto), pola que se anulan sete preguntas do primeiro exercicio (test), e se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

Na sesión do día 13 de maio de 2002, o tribunal I-B adoptou o seguinte acordo:

Anula-las preguntas números 12, 16, 17, 22, 54, 56 e 68 do cuestionario de acceso libre e promoción interna correspondentes á categoría do grupo I do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, por non ser correcta a súa formulación.

Así mesmo anúnciase convocatoria para a realización do segundo exercicio da fase oposición que se realizará o día 15 de xuño de 2002 nas aulas B e C da Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, sita no Campus Universitario Norte de Santiago de Compostela en chamamento único.

A realización do exercicio comezará ás 10 horas e as portas do lugar de acceso para a súa realización abriranse ás 9.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2002

Jesús García Porto

Presidente do Tribunal I-B