Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.618

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2002, do tribunal III-C designado para xulga-las probas selectivas para o acceso á categoría 65 (oficial 1ª cociña, oficial 1ª cociñeiro/a, xefe/a de cociña 2ª, cociñeiro/a 1ª) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se anulan dúas preguntas do primeiro exercicio (test) correspondente á categoría III-65 (oficial 1ª cociña).

Na sesión celebrada o día 3 de maio de 2002, o tribunal III-C adoptou o seguinte acordo:

Anula-las preguntas número 1 e 26 dos cuestionarios das quendas de promoción interna e de acceso libre correspondentes á categoría 65 (oficial 1ª cociña) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, por non ser correcta a súa formulación.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2002.

Xavier Mª Lope de Toledo Manzano

Presidente do tribunal III-C