Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 24 de maio de 2002 Páx. 7.615

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Unión de Profesionales, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Unión de Profesionales, S.L., con nº de código 3603542, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 8-4-2002, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 27-3-2002. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 17 de abril de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Unión de Profesionales, S.L.

Capítulo I

Unidades de negociación

Artigo 1º.-Partes concertantes.

A comisión negociadora do convenio que se suscribe está integrada por parte empresarial, polo xerente da mencionada empresa e, por parte dos traballadores, polo representante sindical.

Capítulo II

Ámbitos, vixencia e denuncia

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Rexeranse polo presente convenio a totalidade dos traballadores que, na actualidade, ou no sucesivo, presten os seus servicios na empresa Unión de Profesionales, S.L.

Artigo 3º.-Ámbito temporal-vixencia.

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2002, con independencia da data de publicación no BOP.

A súa duración será dun ano, terminando a súa vixencia o 31 de decembro de 2002.

Artigo 4º.-Denuncia.

Calquera das partes poderá solicita-la revisión do convenio, formulando a denuncia do mesmo á outra parte e á autoridade laboral competente, con tres meses de antelación como mínimo á data de expiración da súa vixencia ou a calquera das súas prórrogas. Caso de non chegar a unha negociación despois de realizada a denuncia, o texto de convenio quedará prorrogado, non así os conceptos salariais que aumentarán de acordo coa subida do IPC.

Capítulo III

Representación das partes negociadoras

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Acórdase establecer unha comisión paritaria como órgano para a conciliación, interpretación e vixilancia do pactado no presente convenio.

Esta comisión estará formada, por acordo das partes, pola representación empresarial e social que deliberaron o mesmo, e que figura como asinantes do presente convenio. Para os efectos de notificacións, sinálanse os seguintes enderezos:

Pola representación empresarial:

Unipro, S.L., na rúa Pí i Margall, 72 baixo, 36202 Vigo.

Pola representación social:

Unipro S.L., na rúa Pí i Margall, 72 baixo, 36202 Vigo.

Capítulo IV

Tempo de traballo

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo distribuirase de seguinte maneira:

a) Xornada de inverno: 37.5 horas efectivas semanais, traballadas de luns a venres, en réxime de xornada continua de 8 h a 15 h, excepto un día á semana no que se traballa ata as 14 h e pola tarde de 16 h a 19.30 h.

b) Xornada de verán, do 1 de xuño ó 30 de setembro: 33.5 horas efectivas semanais, traballadas de luns a venres, en réxime de xornada continua co mesmo horario do inverno, pero saindo tódolos días ás 14 h.

c) Se establece un período de descanso diario de vinte minutos. Este período de descanso considerarase tempo de traballo efectivo.

As tardes dos días 24 e 31 de decembro non serán laborables.

Artigo 7º.-Permisos retribuidos.

Ós traballadores interesados concederánselles necesariamente os seguintes permisos retribuidos:

a) Matrimonio do traballador: 15 días.

b) Intervención cirúrxica ou enfermidade grave de cónxuxe, pais, pais políticos, fillos e irmáns: 5 días.

c) Parto de muller: 3 días.

d) Morte do cónxuxe, pais, pais políticos, fillos e irmáns: 5 días, que se ampliarán ata 8 días se o óbito ocorrera en municipio distinto ó do centro de traballo.

e) Morte dos avós, tíos e cuñados: 2 días.

f) Necesidade de atender asuntos propios que non admitan demora: o tempo que sexa necesario para iso. Outorgarase este permiso unha vez demostrada a necesidade.

g) Licencia a representantes sindicais: rexerá o lexislado nesta materia.

En todo o que respecta a dereitos ou situacións referidas nos apartados anteriores, na que a condición de muller/home e cónxuxe sexa a causa, entenderase que a condición de parella estable con convivencia continuada, e suficientemente xustificada, dará lugar ós mesmos dereitos e situacións.

Os días ós que fai referencia este artigo entenderanse, en todo caso, como naturais.

Artigo 8º.-Vacacións anuais.

O persoal regulado por este convenio terá dereito a 30 días naturais de vacacións anuais que se desfrutarán de acordo coas necesidades da empresa.

As quendas de vacacións serán fixadas pola empresa e os traballadores, mediante proposta conformada con cada un dos departamentos.

A data do comenzo do desfrute farase coincidir cun luns laborable.

Capítulo V

Percepcións económicas e revisión

Artigo 9º.-Salario base.

En concepto de salario base mensual corresponden, a cada unha das categorías profesionais, o que se detalla na primeira columna da táboa salarial anexa.

Esta táboa salarial terá efectos económicos desde o día 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro do mesmo ano.

Artigo 10º.-Remuneración anual.

Na segunda columna da táboa salarial anexa detállanse os salarios no seu cómputo anual, en función da xornada efectiva pactada no presente convenio.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias e participación en beneficios.

Os traballadores ó servicio da empresa afectada por este convenio percibirán tres gratificacións extraordinarias cada un: unha no mes de xuño, outra no mes de setembro, e a terceira no mes de Nadal. O importe de cada unha delas será dunha mensualidade de salario e aboaráse o día 15 dos meses que correspondan.

Así mesmo, e en concepto de participación en beneficios, os traballadores percibirán outra paga máis no mes de marzo de cada ano, calculada de igual xeito que as anteriores, e será aboada o día 15 do mes.

Os períodos de cómputo de devengo das pagas extraordinarias será o seguinte:

Marzo: do 1 de xaneiro ó 31 de nadal do ano anterior.

Xuño: do 1 de xullo do ano anterior ó 30 de xuño do presente ano.

Setembro: do 1 de setembro do ano anterior ó 31 de agosto do presente ano.

Nadal: do 1 de xaneiro ó 31 de nadal do presente ano.

O persoal que ingrese ou cese na empresa durante o transcurso do ano, percibirá as gratificacións extraordinarias e a participación en beneficios en proporción ó tempo traballado.

Artigo 12º.-Incapacidad temporal.

En calquera suposto de baixa por incapacidade temporal, a empresa estará obrigada a aboar ó traballador nesta situación o 100% do salario que lle corresponde no momento de producirse a baixa.

Capítulo VI

Conceptos extrasalariales

Artigo 13º.-Axudas de custo e desprazamentos.

As axudas de custo para o persoal que, en razón dos métodos de organización da empresa, deba efectuar saídas fóra do municipio no que estea establecido o centro de traballo, quedan establecidas da seguinte maneira:

-Axuda de custo completa sen pernocta: fíxase na contía de 30,05 euros, para tódalas categorías.

-Media axuda de custo sen pernocta: fíxase na contía de 12,02 euros, igualmente para tódalas categorías.

Nos desprazamentos que se efectúen en coche propio, tanto dentro como fóra do municipio, aboaranse 0,17 euros por quilómetro.

Artigo 14º.-Seguro de accidentes.

A empresa afectada por este convenio subscribirá pólizas de seguro colectivo a favor dos seus traballadores. Este seguro cubrirá como mínimo as seguintes garantías:

-Morte ou invalidez total: 15.025,30 euros.

-Invalidez absoluta ou gran invalidez: 24.040,48 euros.

Capítulo VII

Acordos sociais

Artigo 15º.-Ascensos.

A empresa regulada polo presente convenio ven obrigada a dispoñer nos seus cadros de persoal, como mínimo dun número de oficiais de primeira igual ó vinte por cento do cadro de persoal total de oficiais.

A elección dos novos oficiais de primeira é facultade exclusiva do empresario.

Capítulo VIII

Acción sindical

Artigo 16º.-Dereitos sindicais.

En todo o que atinxe ós aspectos sindicais dentro e fóra da empresa, rexerá o que sobre esta materia dispón o vixente texto refundido da Lei de Estatuto dos traballadores e a Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

Artigo 17º.-Revisións médicas.

A empresa estará obrigada a solicitar do gabinete técnico provincial de Servicio Social de Hixiene e Seguridade no Traballo de Rande, ou a mutua patronal que cubra o risco de accidentes de traballo, un recoñecemento médico anual para todo o persoal.

O tempo empregado para o mencionado recoñecemento será aboado pola empresa.

Artigo 18º.-Prevención de riscos laborais.

Aplicarase a lexislación vixente.

Capítulo IX

Cómputos e vinculación

Artigo 19º.-Compensación e absorción.

As condicións pactadas neste convenio formarán un todo orgánico e indivisible e, polo tanto, absorberán e compensarán no seu conxunto as melloras de calquera tipo que viñera anteriormente satisfacendo a empresa, ben sexa por imperativo legal, convenio colectivo, etc.

Artigo 20º.-Vinculación á totalidade.

Como se di no artigo anterior, as condicións establecidas no presente convenio e pactadas polas partes deliberadoras do mesmo, forman un todo orgánico e indivisible.

No suposto de que a autoridade laboral ou xurisdicción competente, co exercicio das súas facultades, declarase nulo total ou parcialmente algún artigo, quedará o presente convenio invalidado na súa totalidade levándose a cabo unha nova negociación.

Disposición adicional

A comisión deliberatoria de convenio acorda publicalo en galego.

Ó non establecido de maneira expresa no presente convenio aplicarase o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e demais lexislación vixente.

Partes negociadoras.

-Pola representación empresarial:

León Barros Suárez.

-Pola representación social:

Ricardo Fernández Segurana.

Táboa salarial 2002

CATEGORIASMENSUALANUAL

XERENTE2715,0343440,48

XEFE DEPARTAMENTO1809,7728956,32

XEFE 1ª ADMINISTRATIVO1433,2622932,16

XEFE 2ª ADMINISTRATIVO1384,7922156,64

OFICIAL 1ª ADMINISTRATIVO1270,7720332,32

OFICIAL 2ª ADMINISTRATIVO DE 9 ANOS1216,3719461,92

OFICIAL 2ª ADMINISTRATIVO DE 6 ANOS959,2815348,48

OFICIAL 2ª ADMINISTRATIVO DE 3 ANOS872,0713953,12

OFICIAL 2ª ADMINISTRATIVO792,7912684,64

AUX. ADMINISTRATIVO DE 9 ANOS720,7211531,52

AUX. ADMINISTRATIVO DE 6 ANOS655,2010483,20

AUX. ADMINISTRATIVO DE 3 ANOS595,649530,24

AUX. ADMINISTRATIVO541,498663,84

ORDENANZA541,498663,84

ASPIRANTE MENOR DE 18 ANOSS.M.I.S.M.I.

PERSOAL DE LIMPEZA541,498663,84