Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 20 de novembro de 2001, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación do monte integrado por catro predios coa denominación A Pedriza; Outeiro da Praza da Veiga; A Touza e A Zaínza; A Veiga, nos concellos de Xinzo de Limia e Trasmiras (Ourense), a favor dos veciños do lugar de Pidre, en Xinzo de Limia.

Advertido erro, na devandita resolución, publicada no DOG nº 49, do venres, 8 de marzo de 2002, cómpre efectua-la oportuna corrección:

No sumario e ó longo das páxinas 3.219 e 3.220, onde di: «A Saínza», debe dicir: «A Zaínza».