De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.
Nómease instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias desta delegación provincial, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.
Os interesados diporán dun prazo de quince días (15), contandos a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.
Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, nº70-2º baixo.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto)
Lugo, 15 de abril de 2002.
Luis González Vázquez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Expediente: P-44/2002.
Denunciado: Luis López Martínez.
DNI: 33926032.
Enderezo: r/ Calzada das Gándaras, nº 5-8 D. Lugo.
Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial nun tramo de pesca sen morte, empregando cebo natural (ronco, peixe ou verme), coa preceptiva licencia de pesca fluvial caducada. Feitos constatados o día 24-3-2002, ás 9.30 horas no río Miño-Cuíña. Lugo.
Precepto sancionador: artigo 34.1º; 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.
Cualificación: menos grave.
Sanción: 360.61 euros.
Inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade por un período dun ano.