Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2002 pola que se convoca a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, do contrato administrativo de consultoría e asistencia que ten por obxecto a redacción do proxecto técnico básico e de execución, estudio de seguridade e saúde e dirección de obra, en calidade de arquitecto superior, da obra de Centro de Tecnificación de Vela de Galicia e Escola Municipal de Vela no concello de Vilagarcía de Arousa-Pontevedra.

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante Resolución con data do 22 de abril de 2002, procédese agora a efectua-lo anuncio de licitación deste.

Esta resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto e características do contrato.

a) Obxecto: redacción do proxecto técnico básico e de execución, estudio de seguridade e saúde e dirección de obra, en calidade de arquitecto superior, da obra de construcción dun centro de Tecnificación de Vela de Galicia e Escola Municipal de Vela no concello de Vilagarcía de Arousa-Pontevedra.

b) Prazo de execución da redacción do proxecto técnico: seis (6) meses.

c) Prazo de execución da dirección de obra: estimado en vintedous (22) meses.

d) Orzamento base de licitación: sesenta e tres mil oitocentos corenta e sete euros con vintedous céntimos (63.847,22 A), IVE incluído. Correspondendo 44.888,70 A a honorarios de redacción do proxecto técnico básico e de execución e estudio de seguridade e saúde, e 18.958,52 A a honorarios de dirección de obra, en calidade de arquitecto superior.

e) Garantía provisional: non se esixe (artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño).

f) Garantía definitiva: non se esixe (artigo 37 de igual texto legal).

3. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Mul

tiúsos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares ós que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados na rede da Internet (www.xunta.es/contratacion).

4. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo quinto (15) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na carátula do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23 de decembro).

c) Lugar de presentación: o Rexistro de Documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiúsos San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Preinscricións fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano. Santiago de Compostela), ou seren enviados por correos dentro do prazo de admisión.

5. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto (5) día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiúsos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

6. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario, o custo da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte