Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.547

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (833/2001).

Eu, Camilo J. García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, dou fe de que nestes autos de xuízo verbal número 833/2001, seguidos neste Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, por instancia de Jorge López López, contra José Luis Sanda y José R. Mayo, S.C. e Construcciones La Rosaleda, en reclamación de despedimento, se dictou, con data 22 de febreiro de 2002, sentencia, cunha decisión do teor literal seguinte:

Que debo estima-la demanda interposta por Jorge López López contra a empresa José Luis Sanda y José R. Mayo, S.C., declarando o despedimento do demandante como improcedente e condenando a empresa a readmiti-lo traballador nas mesmas condicións que rexían ó producirse o despedimento, ou, a elección da empresa, a que lle aboe unha indemnización de 60.876 pesetas (365,87 euros) e, en concepto de salarios de tramitación 425.820 pesetas (2.559,23 euros), así como os salarios que se poidan devengar desde a data desta sentencia ata a data da súa notificación, a razón dun haber diario de 4.589 pesetas (27,23 euros).

Rexéitase a demanda interposta por Jorge López López contra Construcciones La Rosaleda, S.L.

E para que lle sirva de notificación de sentencia a José Luis Sanda y José R. Mayo, S.C., con domicilio na rúa Hórreo, 60, 1º, Santiago de Compostela, hoxe en paradoiro descoñecido, fáiselle saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación.

E así mesmo, para que conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación de sentencia en Santiago de Compostela, 15 de abril de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA