Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2002 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación ordinaria, do contrato de subministración que ten por obxecto o mobiliario de certos espacios existentes no edificio administrativo e sede das federacións deportivas galegas con sede na cidade de Vigo.

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante Resolución do 3 de

maio de 2002, procédese agora a efectua-lo anuncio de licitación.

Esta resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

a) Subministración de mobiliario de certos espacios existentes no edificio administrativo e sede das federacións deportivas galegas con sede na cidade de Vigo.

b) Lugar de subministración.

Edificio administrativo e sede das federacións deportivas galegas con sede na cidade de Vigo.

c) Prazo de entrega e instalación.

Dous (2) meses desde a notificación da adxudicación.

3. Orzamento base da adxudicación.

Oitenta e seis mil novecentos setenta e nove euros con tres céntimos, IVE incluído (86.979,03 A).

4. Garantías.

Garantía provisional: dous por cento (2%) do orzamento de licitación.

Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de licitación.

5. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiúsos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

As fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitadas directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 03 02.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas ós que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados na rede de Internet (www.xunta.es/contratación).

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo quinto (15) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na cara do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23 de decembro).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiúsos. San Lázaro. 15890 Santiago de Compostela. Preinscricións fax: 981 54 26 39), ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou enviados por correo dentro do prazo de admisión.

d) Admisión de variantes: admitiranse as sinaladas no prego de prescricións técnicas.

7. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiúsos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario, o custo da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

9. Expediente anticipado de gasto.

Este expediente tense tramitado baixo a modalidade de expediente anticipado de gasto e consecuentemente a adxudicación do contrato quedará condicionada na súa eficacia á existencia de crédito axeitado e suficiente no orzamento xeral e ordinario da Comunidade Autónoma de Galicia para 2002.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte