Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.546

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

CÉDULA de emprazamento (768/2001-SA).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primera Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos seguidos neste xulgado sobre demanda de nulidade matrimonial co número 768/2001, por instancia de Judith Inmaculada San Julián, contra Lázaro Beleño Camejo, se dictou a seguinte cédula de emprazamento:

Cédula de emprazamento:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de nulidade matrimonial 768/2001, seguidos por instancia de Judith Inmaculada San Julián, contra Lázaro Beleño, acordouse emprazar a Lázaro Beleño Camejo, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que no prazo de vinte días compareza en autos, mediante avogado que o defenda e procurador que o represente, contestando a demanda

e, se é o caso, reconvención, prevíndoo de que, de non o verificar, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de cédula de emprazamento ó demandado, expido este edicto que asino na Coruña o 27 de novembro de 2001.

A secretaria

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA