Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.545

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2002 pola que se aproba a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso na escala auxiliar administrativa da Universidade de Vigo, convocadas por Resolución do 2 de xaneiro de 2002.

Por resolución da Universidade de Vigo, do 2 de xaneiro de 2002 (DOG do 25 de xaneiro), convocáronse probas selectivas para o ingreso na escala auxiliar administrativa desta universidade.

Por Resolución do 11 de marzo de 2002 (DOG do 3 de abril), fíxose pública a relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos nas mencionadas probas selectivas, fixándose un prazo para a emenda dos motivos de exclusión ou omisión. Rematado o dito prazo, e consonte o establecido na base 4ª da convocatoria, este rectorado

RESOLVEU:

Primeiro.-Declarar aprobada e facer pública a relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos ás citadas probas, con expresión da causa de exclusión. A lista completa de aspirantes figura exposta no taboleiro de anuncios do Rectorado (rúa Oporto, nº 1, Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Unidade Administrativa, Campus As Lagoas), Pontevedra (facultade de ciencias sociais, Campus A Xunqueira) e As Lagoas-Marcosende (CACTI, Campus As Lagoas-Marcosende).

Segundo.-Convoca-los aspirantes admitidos para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición o día 28 de setembro de 2002, ás 11 horas, nos seguintes centros do Campus das Lagoas-Marcosende de Vigo: facultade de ciencias económicas e empresariais, facultade de ciencias xurídicas e do traballo e facultade de ciencias. A partir do 10 de setembro de 2002, a distribución de opositores por centros e aulas estará exposta nos taboleiros de anuncios do rexistro xeral,

dos rexistros auxiliares e dos centros indicados para a realización deste primeiro exercicio, así como no seguinte enderezo electrónico: www.uvigo.es/servicios/rh/oposiciones.gl.htm.

Os aspirantes deberán ir provistos do documento nacional de identidade e bolígrafo negro ou azul.

Terceiro.-Establecer un prazo de tres días hábiles a partir do seguinte ó de realización deste primeiro exercicio para reclama-lo seu cuestionario.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Así mesmo, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta, ante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso, non caberá interpo-lo recurso antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de conformidade co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 30 de abril de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo