Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.546

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (527/2001).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 527/2001 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2002.

En nome de El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza de instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 527/2001, seguida por unha falta de estafa, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, Juan Carlos Lago Suárez, denunciante e, como denunciado José Manuel Fernández Ferro, pronunciou a seguinte sentencia.

Decido que debo absolver e absolvo a José Manuel Fernández Ferro, con declaración das custas de oficio.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña -sección 6ª, con sede en Santiago de Compostela-, no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a José Manuel Fernández Ferro, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o 16 de abril de 2002.

O secretario

Rubricado