Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.527

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 15 de maio de 2002 pola que se declara a alineabilidade dun predio pertencente ó fondo de terras da zona de concentración parcelaria de Aríns (número 980-2), Santiago de Compostela.

Por acta complementaria de reorganización da propiedade da zona de concentración parcelaria de Aríns (Santiago de Compostela-A Coruña), con data do 1 de outubro de 1996, pasaron á titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia as terras sobrantes da zona de concentración parcelaria de Aríns, entre as que se atopa o predio nº 980-2.

Unha vez obtida a inscrición no correspondente rexistro da propiedade do dito ben inmoble, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico deste ben patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a memoria xustificativa da alienabilidade da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade do ben inmoble que se describe: predio nº 980-2 da zona de concentración parcelaria de Aríns, no sitio de Brúa de Arriba, concello de Santiago de Compostela, que ten unha superficie de 414 m. Estrema: norte, María Iglesias Raíces (985); sur, terreo de dominio público polo que ten acceso á estrada de Santiago de Compostela a Rodiño; leste, Antonio Pereira Aldrey (979), e oeste, Antonio Pereira Aldrey (980-1). Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela, no tomo 1272, libro 269, folio 153, predio 27.675, inscrición 1ª.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural