Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.511

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 16 de maio de 2002 pola que se determinan os servicios mínimos que hai que manter durante a folga convocada na empresa Ruta Bus, S.A.

Ante a convocatoria de folga na empresa Ruta Bus, S.A. presentada para, iniciándose o día 24 de maio de 2002, ter lugar con carácter indefinido tódolos venres a partir dese día, procede que de conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, esta consellería determine os servicios mínimos que permitan, en consonancia co artigo 28.2º da nosa Constitución, compaxina-lo exercicio lexítimo do dereito á folga dos traballadores co mantemento dos servicios esenciais da comunidade.

Con base no anterior, e de conformidade co establecido no Decreto 6/1985, do 18 de abril, e no Decreto 155/1988, do 9 de xuño,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Os servicios mínimos que se deberán manter no transporte público de viaxeiros durante a folga convocada na empresa Ruta Bus, S.A. pola CIG con carácter indefinido os venres desde o día 24 de maio de 2002, serán os seguintes:

a) Servicios concesionais:

* Lema-A Coruña:

Saídas de Lema: 6 horas.

Saídas da Coruña: 19 horas.

* A Coruña-Carballo por Noicela e Vilela:

Saídas da Coruña: 8 horas.

Saídas de Carballo: 17.45 horas.

b) Servicios regulares de uso especial para transporte de obreiros:

Tódolos servicios nas expedicións anteriores ás 9 horas e posteriores ás 18 horas.

c) Servicios regulares de uso especial para transporte de escolares:

Deberan manter tódolos servicios de escolares e estudiantes nos niveis de ensinanza obrigatoria nas expedicións normalmente establecidas de luns a venres lectivos.

Artigo 2º

O incumprimento da obriga de mante-los servicios mínimos establecidos nesta orde dará lugar á imposición de sancións previstas pola normativa vixente.

Artigo 3º

O disposto nesta orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora de folga lles recoñece ós traballadores.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2002.

José Cuiña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda