Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.498

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 13 de maio de 2002 pola que se dictan instruccións sobre a confección de nóminas do persoal ó servicio da Administración autonómica para o ano 2002.

A Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, fixa a contía das retribucións para o dito exercicio correspondentes ós funcionarios incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia.

Coa finalidade de facilita-la confección das nóminas que se elaborarán para aboa-las mencionadas retribucións, esta consellería considera oportuno dicta-las seguintes instruccións, que se limitan a aplica-lo disposto na dita disposición e nas precedentes polo que respecta ás súas normas de vixencia indefinida, así como nas demais normas reguladoras do réxime retributivo do persoal ó servicio da Administración autonómica.

Por todo isto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Instruccións sobre a contía das retribucións dos funcionarios públicos que desempeñan postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988.

1. A contía das retribucións dos altos cargos da Administración da Comunidade Autónoma, dos membros do Consello de Contas de Galicia así como as dos altos cargos do Consello Consultivo de Galicia aprobadas no artigo 13 da citada Lei de orzamentos

para o ano 2002, son as que se reflicten no anexo I desta orde.

2. Con efectos económicos do 1 de xaneiro do ano 2002, os funcionarios públicos que desempeñen postos de traballo para os que o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 4/1988, do 26 de maio, percibirán as retribucións básicas e o complemento de destino nas contías que se detallan nos anexos II e III da presente orde.

3. Polo que respecta ós complementos específicos, a súa contía experimentará un incremento do 2% respecto da aprobada para o exercicio de 2001, sen prexuízo, se é o caso, do previsto no artigo 11 a) da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2002.

En consecuencia, a contía dos citados complementos será a que figura na taboa que se detalla no anexo IV da presente orde.

4. As contías das retribucións do persoal docente non universitario establecidas por acordos do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de xaneiro de 1992 e do 23 de xaneiro de 1992, son as que se reflicten no anexo V desta orde. Así mesmo, e por Decreto 120/2002, do 22 de marzo, regúlase a consolidación parcial do complemento específico dos directores dos centros escolares públicos. A porcentaxe de consolidación relacionanse no citado anexo V.

5. Os complementos persoais e transitorios recoñecidos en cumprimento do disposto no artigo 10.1º da Lei 13/1988, do 30 de decembro, serán absorbidos por calquera mellora retributiva incluídas as derivadas do cambio de posto de traballo.

Para os efectos da absorción prevista no parágrafo anterior, en ningún caso se considerarán os trienios, o complemento de productividade nin as gratificacións por servicios extraordinarios, e só se computarán no 50% do seu importe as melloras retributivas derivadas do incremento das retribucións de carácter xeral establecidas no artigo 11 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, entendendo que teñen este carácter o soldo referido a catorce mensualidades, o complemento de destino e o complemento específico.

Segundo.-Devengo de retribucións.

1. A diferencia, en cómputo mensual, entre a xornada regulamentaria de traballo e a efectivamente realizada polo funcionario dará lugar, salvo xustificación, á correspondente deducción proporcional de haberes.

Para o cálculo do valor hora aplicable á dita deducción tomarase como base a totalidade das retribucións íntegras mensuais que perciba o funcionario dividida entre o número de días naturais do correspondente mes e, á súa vez, este resultado polo número de horas que o funcionario teña obrigación de cumprir, de media, cada día.

No caso de toma de posesión no primeiro destino, no de cesamento no servicio activo, no de licencias sen dereito a retribución e, en xeral, nos supostos de dereitos económicos que normativamente deban liquidarse por días, ou con reducción ou deducción proporcional de retribucións, deberá aplicarse o sistema de cálculo establecido no parágrafo anterior.

2. Cando, con suxeición á normativa vixente, o funcionario realice unha xornada inferior á normal, a contía das súas retribucións determinarase na forma prevista nas normas dictadas para a aplicación do réxime retributivo a que estea suxeito.

a) Os funcionarios que realicen unha xornada de traballo diminuída en 1/3 ou en 1/2, de acordo co disposto no artigo 70 f) da Lei 4/1988, do 26 de maio, modificado pola Lei 3/1995, do 10 de abril e pola Lei 2/1998, do 8 de abril, experimentarán unha reducción de 1/3 ou 1/2, respectivamente, sobre a totalidade das súas retribucións básicas e complementarias, con inclusión dos trienios.

Para o cálculo do valor hora aplicable a dita reducción nas pagas ordinarias, tomarase como base a totalidade das retribucións íntegras mensuais que perciba o funcionario dividida entre o número de días naturais do correspondente mes e, á súa vez, este resultado polo número de horas que o funcionario teña a obriga de cumprir, de media, cada día.

O importe total da paga extraordinaria afectada por un período de tempo en xornada reducida será o correspondente á suma dos respectivos importes de cada un dos dous períodos, con e sen reducción de xornada, dos seis meses computables nas ditas pagas, segundo o seguinte sistema de cálculo:

Para o período, ou períodos, non afectados pola reducción de xornada pero incluídos nos seis meses anteriores ó seu devengo, sobre o dito devengo cando o número de días é inferior ó do total computable nesta, dividirase a contía da paga extraordinaria que, na data do 1 de xuño ou 1 de decembro, segundo os casos, se devengaría na xornada completa por un período de seis meses, entre cento oitenta e dous (cento oitenta e tres en anos bisestos) ou cento oitenta e tres días, respectivamente, multiplicando este resultado polo número de días nos que se prestase servicio sen reducción de xornada.

Para o período, ou períodos, afectados pola xornada reducida, aplicarase o mesmo sistema de cálculo anterior pero tomando como dividendo a citada contía reducida de forma proporcional á propia reducción de xornada.

b) Ós restantes tipos de xornada reducida, se é o caso, aplicaráselles a reducción de retribución establecida na súa normativa específica.

3. As retribucións básicas e complementarias que se teña dereito a percibir con carácter fixo e periodicidade mensual faranse efectivas por mensualidades completas e con referencia á situación e dereitos do funcionario referidos ó primerio día hábil do

mes a que correspondan, agás nos seguintes casos, en que se liquidarán por días:

a) No mes de toma de posesión do primeiro destino na Comunidade Autónoma nun corpo ou escala, no de reingreso ó servicio activo e no de incorporación por conclusión de licencias sen dereito a retribución.

b) No mes de iniciación de licencias sen dereito a retribución.

c) No mes en que se cese no servicio activo na Comunidade Autónoma, agás que sexa por motivos de falecemento, xubilación ou retiro de funcionarios suxeitos ó réxime de clases pasivas do Estado e, en xeral, a calquera réxime de pensións públicas que se devenguen por mensualidades completas desde o primeiro día do mes seguinte ó do nacemento do dereito.

4. As pagas extraordinarias devengaranse o primeiro día hábil dos meses de xuño e decembro e con referencia á situación e dereitos do funcionario nas ditas datas, agás nos seguintes casos:

a) Cando o tempo de servicios prestados na Administración da Comunidade Autónoma ata o día en que se devengue a paga extraordinaria non comprenda a totalidade dos seis meses inmediatos anteriores ós meses de xuño ou decembro, o importe da paga extraordinaria reducirase proporcionalmente, computando cada día de servicios prestados no importe resultante de dividi-la contía da paga extraordinaria que na data do seu devengo lle correspondera por un período de seis meses entre cento oitenta e dous (cento oitenta e tres en anos bisestos) ou cento oitenta e tres días, respectivamente.

b) Os funcionarios en servicio activo que se encontren desfrutando de licencia sen dereito a retribución nas datas indicadas devengarán a correspondente paga extraordinaria, pero a súa contía experimentará a reducción proporcional prevista no parágrafo a) anterior.

c) No caso de cesamento no servicio activo na Comunidade Autónoma a última paga extraordinaria devengarase o día do cesamento e con referencia á situación e dereitos do funcionario na dita data pero en contía proporcional ó tempo de servicios efectivamente prestados, excepto que o cesamento sexa por xubilación, falecemento ou retiro dos funcionarios a que se refire o punto segundo 3 c); neste caso, os días do mes no que se produce o dito cesamento computaranse como un mes completo.

Para os efectos previstos na presente orde, o tempo de duración de licencias sen dereito a retribución non terá a consideración de servicios efectivamente prestados.

Se o cesamento no servicio activo se produce durante o mes de decembro, a liquidación da parte proporcional da paga extraordinaria correspondente ós días transcorridos do dito mes farase de acordo coas contías das retribucións básicas vixentes nel.

O persoal que preste servicios na Comunidade Autónoma percibirá as pagas extraordinarias segundo os servicios efectivamente prestados nela, computándose para estes efectos como se tódolos servicios prestados polo funcionario na Comunidade Autónoma fosen na última consellería, organismo ou centro ó que estivese adscrito e en situación de activo o primeiro día hábil dos meses de xuño ou decembro.

Terceiro.-Descontos.

1. No ano 2002, a porcentaxe de cotización que se aplicará ós mutualistas das mutualidades xerais de funcionarios será do 1,69% sobre a base de cotización establecida como haber regulador para efectos de cotización de dereitos pasivos.

No anexo VI da presente orde exprésanse as cotas mensuais de cotización dos funcionarios á Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado (Muface) e do persoal da Administración de Xustiza (Mugeju), que corresponden ó tipo do 1,69%.

2. As cotas de dereitos pasivos que os habilitados de persoal deben reter en nómina cada mes, continuarán sendo do 3,86% dos haberes reguladores pasivos que fixa a Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2002, de modo que para tódolos funcionarios do mesmo corpo, escala, emprego ou categoría, calquera que sexa a súa antigüidade no servicio do Estado, a cota supón unha cantidade única e idéntica.

Estas cantidades, en cómputo mensual, reflíctense así mesmo no anexo VI da presente orde.

O persoal funcionario que estivera suxeito ó réxime xeral da Seguridade Social, continuará cotizando de acordo con este sistema.

3. As cotas de dereitos pasivos e de cotización dos mutualistas ás mutualidades xerais de funcionarios correspondentes ás pagas extraordinarias, reduciranse na mesma proporción en que se minoren as ditas pagas como consecuencia de aboárense estas en contía proporcional ó tempo de servicios efectivamente prestados, calquera que sexa a data do seu devengo.

As cotas a que se refire o parágrafo anterior ó igual que as correspondentes ás pagas ordinarias dos períodos de tempo no que se goza licencia sen dereito a retribución non experimentarán reducción na súa contía.

4. O disposto nos números anteriores enténdese sen prexuízo das reduccións que deba experimenta-la cota de dereitos pasivos nos supostos en que así proceda por xornada reducida ou a tempo parcial.

Cuarto.-Outras instruccións.

1. As retribucións do persoal laboral da Comunidade Autónoma son as que figuran no anexo VII da presente orde.

O complemento de convenio deste persoal será o que figura, se é o caso, nas relacións de postos de traballo aprobadas polos respectivos acordos do Consello da Xunta de Galicia.

2. Os complementos persoais e transitorios e demais retribucións que teñan análogo carácter rexeranse pola súa normativa específica e polo disposto na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2002.

3. Os funcionarios interinos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 4/1988, percibirán as retribucións básicas, excluídos trienios, correspondentes ó grupo en que estea incluído o corpo no que ocupen vacante, e as retribucións complementarias que correspondan ó posto de traballo que desempeñen, excluídas as que, se é o caso, estean vinculadas á condición de funcionario de carreira.

O complemento de productividade poderá atribuírselles, se é o caso, ós funcionarios interinos ós que se refire o parágrafo anterior, así como ó persoal eventual e ós funcionarios en prácticas cando estas se realicen desempeñando un posto de traballo e estea autorizada a aplicación do devandito complemento ós funcionarios de carreira que desempeñen análogos postos de traballo, agás que o dito complemento estea vinculado á condición de funcionario de carreira.

4. As retribucións do persoal contratado administrativo a que se refire a disposición transitoria décima da Lei 4/1988, do 26 de maio, introducida pola Lei 4/1991, do 8 de marzo, mentres non se conclúa o proceso de extinción previsto na dita lei, serán as mesmas que viñan percibindo no ano 2001, incrementadas no 2%.

5. De conformidade co disposto no artigo 19.un da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, cando non sexan de aplicación as retribucións establecidas no artigo 16 da dita lei, estas veranse incrementadas no 2% con relación ás devengadas no ano 2001.

6. Os funcionarios de carreira que cambien de posto de traballo na Comunidade Autónoma excepto nos casos previstos na letra a) do artigo 15 da Lei 13/1988, terán dereito durante o prazo de toma de posesión á totalidade das retribucións tanto básicas como complementarias, de carácter fixo e periodicidade mensual.

Para a aplicación do disposto na presente orde, no caso de que o termo do dito prazo se produza dentro do mesmo mes en que se efectuou o cesamento, as citadas retribucións faraas efectivas a dependencia que dilixencie o dito cesamento e, de conformidade co disposto no referido artigo 15, por mensualidade completa e de acordo coa situación e dereitos do funcionario referidos ó primeiro día hábil do mes no que se produza o cesamento. Se, polo contrario, o dito termo recaera en mes distinto ó de cesamento, as retribucións do primeiro mes faranse efectivas da forma indicada e as do segundo aboaraas a dependencia correspondente ó posto de traballo ó que se accede, así mesmo por mensualidade completa e na contía correspondente ó posto en que se tomou posesión, sen prexuízo do disposto nas letras b) e c) do citado artigo 15 da Lei 13/1988.

7. Os titulares de postos de traballo que se supriman nas relacións de postos continuarán percibindo, ata que sexan nomeados para desempeñaren outros postos de traballo e durante un prazo máximo de tres meses contados a partir da data en que produciu efectos económicos a citada supresión, co carácter de a conta do que lle corresponda polo novo posto de traballo, as retribucións complementarias correspondentes ó posto suprimido, sen que proceda ningún reintegro, no caso de que as cantidades percibidas a conta foran superiores.

8. As referencias contidas na normativa vixente relativas a haberes líquidos para os efectos do cálculo dos anticipos reintegrables a funcionarios, entenderanse sempre feitas ás retribucións básicas e complementarias que estes perciban nos seus importes líquidos.

9. No caso de adscrición, durante o ano 2002, dun funcionario suxeito a un réxime retributivo distinto do correspondente ó posto de traballo ó que se adscriba, este percibirá as retribucións que correspondan ó posto de traballo que desempeñe, logo da oportuna asimilación que deberá autoriza-la Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública por proposta da consellería interesada.

Só para os efectos da asimilación a que se refire o parágrafo anterior, a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública poderá autorizar que a contía da retribución por antigüidade sexa a que proceda de acordo co réxime retributivo de orixe do funcionario.

10. A provisión de postos de traballo que vaia desempeña-lo persoal funcionario ou a formalización de novos contratos de persoal laboral fixo, así como a modificación da categoría profesional destes últimos, requirirá que os ditos postos figuren detallados nas respectivas relacións de postos de traballo, e que o seu custo en cómputo anual estea dotado orzamentariamente ou, no seu defecto, o autorice a Consellería de Economía e Facenda.

En calquera caso, a provisión de postos de traballo de persoal funcionario requirirá a plena observancia do disposto na normativa vixente sobre incompatibilidades.

11. A alta en nómina do persoal laboral temporal e interino deberá, en todo caso, ir acompañada da autorización establecida no punto catro do artigo 25, da Lei 2/2002, do 29 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002.

12. As referencias relativas ás retribucións contidas na presente orde entenderanse sempre feitas a retribucións íntegras, agás no previsto no punto catro punto 8 desta.

13. As retribucións dos delegados provinciais e territoriais das consellerías serán idénticas ás dos subdirectores xerais da Xunta e imputaranse ó concepto orzamentario 100.00 dentro do programa

correspondente. Terán dereito a percibi-los trienios que puidesen ter recoñecidos como funcionarios e persoal ó servicio das administracións públicas.

14. As retribucións do persoal eventual experimentarán un incremento do 2% respecto das que viñan percibindo no ano 2001.

15. A disposición adicional quinta da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo, no seu punto 1, crea a escala de profesores do Instituto Nacional de Educación Física de Galicia (INEF) como corpo superior, grupo A, da Administración xeral da Xunta de Galicia, coas competencias propias da función docente.

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002 modifícase a R.P.T. no sentido de transforma-los postos configurados como laborais en postos de persoal funcionario da escala de profesores do INEF de Galicia.

No anexo VIII reflíctense as retribucións do citado persoal.

16. Así mesmo, e con efectos económicos do 1 de xaneiro do ano 2002, as retribucións do persoal que desempeñe algún posto de traballo no Servicio Galego de Saúde, Sergas, dos dotados no seu orzamento de gastos do presente ano, conforme o anexo de persoal correspondente, experimentarán un incremento do 2% respecto ás fixadas para o exercicio de 2001.

En consecuencia, as retribucións do persoal estatutario e persoal MIR, serán as que se detallan no anexo IX da presente orde.

17. O persoal estatutario, sanitario non facultativo e non sanitario, ó que lle resulte de aplicación o acordo sobre aspectos retributivos e outras condicións de traballo, publicado pola resolución conxunta do 26 de xaneiro de 1996 da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, percibirá o complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade, modalidade de quendas, conforme o réxime previsto na devandita disposición e demais de desenvolvemento, nas contías que figuran no anexo X.

Así mesmo, o complemento de penosidade, responsabilidade e dificultade ordinario correspondente ás categorías sinaladas no punto segundo 3) da devandita disposición, percibirase en función do réxime de quendas concorrente e nos importes sinalados no anexo XI.

18. O persoal estatutario das unidades e servicios de atención primaria ás que fai referencia o artigo 1 do Decreto 200/1993, do 29 de xullo, de ordenación de atención primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, percibirá ademais das retribucións recollidas no anexo IX, como complemento de productividade fixa, os importes correspondentes conforme

os factores e criterios recollidos no apartado a) do artigo 7 do Decreto 226/1996, do 25 de abril, polo que se regula o réxime retributivo do persoal das unidades e servicios de atención primaria e que figuran no anexo XII.

19. Con respecto ás retribucións do persoal estatutario que percibe o seu salario polo sistema de cota, estas experimentarán un incremento do 2% con respecto ás percibidas no ano 2001. Os premios de antigüidade correspondente ó persoal de cota e zona, rexeranse pola súa normativa específica. Os ditos premios de antigüidade faranse efectivos a partir do 1 de xaneiro do ano seguinte á data na que se complete o período de tres anos, necesarios para o seu perfeccionamento.

20. As retribucións correspondes ó complemento de atención continuada serán as recollidas no anexo XIII.

21. As contías das indemnizacións por razón do servicio serán as reguladas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servicio ó persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, coas súas correspondentes revisións se houbera lugar.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2002.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

RETRIBUCIÓNS DOS ALTOS CARGOS

Contía anual

a) Administración da Xunta de Galicia:
Presidente75.248,40
Conselleiros61.965,12
Secretarios xerais, directores xerais e asimilados49.332,24

b) Consello de Contas de Galicia:
Conselleiro maior65.942,52
Conselleiros61.965,12

c) Consello Consultivo de Galicia:
Presidente65.942,52
Conselleiros61.965,12

ANEXO II

FUNCIONARIOS QUE DESEMPEÑAN POSTOS DE TRABALLO PARA

OS QUE O CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA APROBOU

A APLICACIÓN DO RÉXIME RETRIBUTIVO PREVISTO

NA LEI 4/1988, DO 26 DE MAIO

Retribucións básicas

Contía mensual

GrupoSoldoTrienio

A1.007,8938,72

B855,4330,98

C637,6623,25

D521,4015,53

E476,0011,65

As pagas extraordinarias devengaranse en igual contía, cada unha delas, a unha mensualidade de soldo e trienios, agás nos casos previstos no punto segundo punto 4 desta orde.

ANEXO III

FUNCIONARIOS QUE DESEMPEÑAN POSTOS DE TRABALLO PARA

OS QUE O CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA APROBOU

A APLICACIÓN DO RÉXIME RETRIBUTIVO PREVISTO

NA LEI 4/1988, DO 26 DE MAIO

Complemento de destino

Nivel de complemento de destinoContía mensual

30885,03

29793,86

28760,47

27727,07

26637,87

25565,93

24532,54

23499,17

22465,76

21432,43

20401,69

19381,17

18360,65

17340,13

16319,65

15299,12

14278,62

13258,09

12237,56

11217,07

10196,56

No ámbito da docencia universitaria, a contía do complemento de destino fixada no presente anexo será modificada nos casos en que así proceda de acordo coa normativa vixente, sen que iso implique variación do nivel de complemento de destino asignado ó posto de traballo.

ANEXO IV

Nivel de complemento de destinoComplemento específico (mensual)

301.231,46

28(A)905,47

28(B)760,60

26724,39

25633,84

24561,40

22434,63

20325,98

18289,75

16271,66

14253,53

12235,43

10217,31

Os complementos específicos que o 31 de decembro de 2001 non tivesen a súa contía relacionada no presente anexo experimentarán un incremento do 2% a partir do 1 de xaneiro de 2002.

ANEXO V

PROFESORADO DOS CENTROS DE ENSINANZA BÁSICA,

BACHARELATO, FORMACIÓN PROFESIONAL, ENSINANZAS ARTÍSTICAS

E IDIOMAS

1º Grupos de clasificación, niveis de complemento de destino e importes mensuais do compoñente xeral do complemento específico:

Grupo

Nivel de

complemento

de destino

Compoñente

xeral do

complemento

específico

euros/mes

Catedráticos de música e artes escénicas e profesores de ensinanza secundaria, escolas oficiais de idiomas e de artes plásticas e deseño, coa condición de catedráticos.A26345,45

Profesores de ensinanza secundaria, de escolas oficiais de idiomas, de artes plásticas e deseño e de música e artes escénicas.A24300,26

Profesores técnicos de formación profesional e mestres de taller de artes plásticas e deseño.B24300,26

MestresB21300,26

2º Compoñente singular do complemento específico pola titularidade de órganos unipersoais de goberno e polo desempeño de postos de traballo docentes singulares. Os importes mensuais do dito compoñente son os seguintes:

Un.-Desempeño de órganos de goberno unipersoais.

Cargos académicos

Tipo de

centro

Centros de

educación secundaria,

C.P.I., artísticas

e similares

euros/mes

Centros de

educación infantil,

primaria, especial

e asimilados

euros/mes

DirectorA574,00470,40

B494,40425,81

C447,54308,13

D405,14227,82

E-138,96

VicedirectorA252,49-

B247,57-

C178,46-

D153,78-

Xefe de estudiosA252,49163,65

B247,57153,78

C178,46148,85

D153,78109,35

E153,78-

SecretarioA252,49163,65

B247,57153,78

C178,46148,85

D153,78109,35

E153,78-

Dous.-Desempeño de postos de traballo docentes singulares.

PostoEuros/mes

Centros de educación secundaria:

-Xefatura de departamento59,98

-Coordenación de formación en centros de traballo59,98

PostoEuros/mes

Escolas de artes aplicadas:

-Coordenación de especialidade59,98

Escolas de artes aplicadas e conservatorios de música:

-Xefatura de seminario59,98

Centros residenciais docentes:

-Xefatura de residencias centros tipo A252,49

-Xefatura de residencias centros tipo B247,57

-Xefatura de residencias centros tipo C178,46

-Director de residencias59,98

Responsable de menos de 3 unidades en centros de edc. infantil e primaria59,98

Membros dos equipos de orientación específicos163,65

Programa reforma educación primaria e secundaria:

-Coordenación técnica494,40

-Equipos reforma252,49

C.E.F.O.R.E.S.:

-Dirección494,40

-Asesor252,49

Asesor técnico docente252,49

Colexios rurais agrupados:

-Director centros tipo C308,13

-Director centros tipo D227,82

-Director centros tipo E138,96

-Xefatura de estudios e secretaría109,35

-Profesor59,98

Profesores de educación permanente de adultos59,98

3º O importe mensual do compoñente do complemento específico por formación permanente dos funcionarios de carreira docentes é o seguinte:

1º período: 53,54 euros/mes.

2º período: 68,83 euros/mes.

3º período: 91,78 euros/mes.

4º período: 130,02 euros/mes.

5º período: 38,24 euros/mes.

4º Consolidación parcial do complemento específico dos directores dos centros escolares públicos.

A porcentaxe de consolidación con referencia ó importe do compoñente singular por tarefas de dirección, segundo o período de tempo de permanencia no posto, será, acumulativamente, a seguinte:

-Primeiros catro anos de permanencia: 25%.

-Segundos catro anos de permanencia: 15%.

-Terceiros catro anos de permanencia: 20%.

O total acumulado destas porcentaxes non poderá exceder do 60%.

5º Profesorado e conceptos retributivos non incluídos nos puntos precedentes:

As retribucións do profesorado e dos conceptos retributivos non incluídos nos puntos precedentes deste anexo pero que estean recoñecidos expresamente pola normativa vixente aplicable o 31 de decembro de 2001, experimentarán así mesmo, a partir do 1 de xaneiro de 2002, un incremento do 2% sobre as contías fixadas para 2001.

ANEXO VI

COTAS MENSUAIS DE COTIZACIÓN Á MUTUALIDADE XERAL

DE FUNCIONARIOS CIVÍS DO ESTADO CORRESPONDENTES Ó TIPO

DO 1,69 POR 100

GrupoCota mensual

A37,06

B29,17

C22,40

D17,73

E15,11

Nos meses de xuño e decembro será aboado por tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no punto terceiro punto 3 desta orde.

COTAS MENSUAIS DE COTIZACIÓN Á MUTUALIDADE XERAL

XUDICIAL CORRESPONDENTES Ó TIPO DO 1,69 POR 100

MultiplicadorCota mensual

4,7537,06

4,5037,06

4,0037,06

3,5037,06

3,2537,06

3,0037,06

2,5037,06

2,2529,17

2,0023,61

1,5017,73

1,2515,11

Nos meses de xuño e decembro será aboado por tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no punto terceiro punto 3 desta orde.

COTAS MENSUAIS DE DEREITOS PASIVOS DOS FUNCIONARIOS CIVÍS

DO ESTADO CORRESPONDENTES Ó 3,86 POR 100 DO HABER REGULADOR

GrupoCota mensual

A84,66

B66,63

C51,17

D40,48

E34,52

Nos meses de xuño e decembro será aboado por tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no punto terceiro punto 3 desta orde.

COTAS MENSUAIS DE DEREITOS PASIVOS CORRESPONDENTES

Ó 3,86 POR 100 DO HABER REGULADOR DO PERSOAL Ó SERVICIO

DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

MultiplicadorCota mensual

4,7584,66

4,5084,66

4,0084,66

3,5084,66

3,2584,66

3,0084,66

2,5084,66

2,2566,63

2,0053,93

1,5040,48

1,2534,52

Nos meses de xuño e decembro será aboado por tódolos funcionarios cota dobre, agás nos casos previstos no punto terceiro punto 3 desta orde.

ANEXO VII

TÁBOA SALARIAL POR GRUPOS

Grupo

Retribucións básicas

brutas anuais

(14 meses)

I. Titulados superiores22.842,40

II. Titulados de grao medio19.071,64

III. Especialistas e encargados15.312,92

IV. Oficiais de 2ª administrativos e oficiais de 2ª12.975,34

V. Persoal subalterno, de vixilancia e de servicios específicos non titulados11.289,74

As categorías 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36, 37, 38, 39, 40, 41, 42, 43, 44, 45, 46, 47, 48, 49, 50, 51, 52, 53 e 54 do grupo III percibirán anualmente, en concepto de soldo base, ademais das fixadas para o dito grupo, a cantidade de...709,94

As categorías 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 10a, 10b, 10c, 10d, 10e e 10f do grupo V percibirán anualmente, en concepto de soldo base, ademais das fixadas para o dito grupo, a cantidade de...340,62

COMPLEMENTOS SALARIAIS

Trienio26,07 euros/mes

Complemento de perigosidade71,77 euros/mes

Complemento de toxicidade71,77 euros/mes

Complemento de penosidade71,77 euros/mes

Complemento de dispoñibilidade horaria358,84 euros/mes

ANEXO VIII

PROFESORADO DO INEF

En virtude do que establece o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de outubro de 1993, as retribucións deste persoal son:

1º Funcionarios de carreira e interinos a tempo completo.

a) Grupos de clasificación, nivel de complemento de destino e importe mensual do compoñente xeral do complemento específico:

Grupo

Nivel de

complemento

de destino

Compoñente

xeral do

complemento

específico

euros/mes

Profesor INEFA27417,55

b) Compoñente singular do complemento específico polo desempeño de cargos académicos. Os importes mensuais do dito compoñente son os seguintes:

Cargo académico

Compoñente

singular do

complemento

específico

euros/mes

Director458,81

Subdirector e secretario247,56

Cargo académico

Compoñente

singular do

complemento

específico

euros/mes

Director de departamento331,99

Secretario de departamento178,45

2º Importe mensual, por cada período do compoñente do complemento específico por méritos docentes:

a) Funcionarios de carreira a tempo completo:

Profesorado con nivel 27 de complemento de destino109,935091

ANEXO IX

Retribucións básicas

Contía mensual

GrupoSoldoTrienio

A1.007,8938,72

B855,4330,98

C637,6623,25

D521,4015,53

E476,0011,65

Complemento de destino

NivelContía mensual

30758,59

29680,45

28651,83

27623,20

26546,74

25485,08

24456,46

23427,86

22399,22

21370,65

20344,30

19326,71

18309,12

17291,54

16273,98

15256,38

14238,81

13221,22

12203,62

11186,06

10168,48

As pagas extraordinarias devengaranse en contía igual cada unha delas a unha mensualidade de soldo e trienios.

A contía anual do complemento de destino percibirase distribuída en 14 pagas.

ANEXO X

QUENDAS

Quenda rot. simpleQuenda rot. complexa

Grupo B24,0248,02

Grupo C18,8637,73

Grupo D17,1634,31

Grupo E13,7327,45

ANEXO XI

CódigoDenominaciónQuendaP.R.D.

S-B-25A.T.S. Consulta ext. HospitalR. simple24,02

S-B-24A.T.S. Consulta II.AA.R. simple24,02

ANEXO XII

ModalidadeFactoresMédico xeralPediatraOdontólogoATSFisioterapeutaAsistente social

AOrdinaria0,271778 A/mes/aseg.

De 0 a 500 aseg.66,29 A/mes

De 501 a 1.500 aseg.198,87 A/mes

de 1.501 a 2.500 aseg.265,17 A/mes

Máis de 2.500 aseg.331,45 A/mes

Menos de 20.000 hab.66,29 A/mes66,29 A/mes

De 20.000 a 25.000 hab.132,59 A/mes132,59 A/mes

De 25.000 a 30.000 hab.165,73 A/mes165,73 A/mes

Máis de 30.000 hab.198,87 A/mes198,87 A/mes

ModalidadeFactoresMédico xeralPediatraOdontólogoATSFisioterapeutaAsistente social

BOrdinaria0,271778 A/mes/aseg.

De 0 a 500 aseg.132,59 A/mes

De 501 a 1.000 aseg.165,73 A/mes

Máis de 1.000 aseg.198,87 A/mes

C0,099407 A/mes/aseg.

D(Dif. con 1.050x0,271778

A/mes/aseg.)

EI40% da mod. A138,91 A/mes40% da mod. A

II50% da mod. A259,40 A/mes50% da mod. A

III60% da mod. A326,91 A/mes60% da mod. A

1 municipio33,15 A/mes59,66 A/mes

De 2 a 3 municipios66,29 A/mes92,81 A/mes

Máis de 3 municipios132,59 A/mes159,10 A/mes

F132,59 A/mes132,59 A/mes66,29 A/mes

G198,87 A/mes99,44 A/mes

HXefe unidade66,29 A/mes66,29 A/mes

Xefe servicio198,87 A/mes198,87 A/mes198,87 A/mes

Coord. de área165,73 A/mes165,73 A/mes165,73 A/mes66,29 A/mes66,29 A/mes66,29 A/mes

Coord. de servicio99,44 A/mes99,44 A/mes

I198,87 A/mes78,52 A/mes

ANEXO XIII

GARDAS MÉDICAS SERVICIOS XERARQUIZADOS

Modalid. pres. de servicioMódulo horarioValor módulo

Presencia física17 horas202,35

Presencia física24 horas285,69

Localizada17 horas101,17

Localizada24 horas142,83

ATENCIÓN CONTINUADA RESIDENTS EN FORMACIÓN

FACULTATIVOS INTERNOS RESIDENTES (MIR)

Modalid. pres. de servicioMódulo horarioImporte euros

Presencia física:

Primeiro ano17 horas

24 horas

113,66

160,47

Segundo ano17 horas

24 horas

120,59

170,24

Terceiro ano e sucesivos17 horas

24 horas

127,58

180,41

MATRONAS EN FORMACIÓN

ResidentesImporte/hora

Enfermeira/o en formación 1º ano5,68

Enfermeira/o en formación 2º ano6,03

ATENCIÓN CONTINUADA PERSOAL NON FACULTATIVO

Modalid. pres. de servicioGrupoImporte euros

A: serv. noct. 1ª e 2ª semanaB95,74

A: serv. noct. 1ª e 2ª semanaC77,89

A: serv. noct. 1ª e 2ª semanaD e E68,14

A: serv. noct. 3ª e 4ª semanaTodos56,41

Modalid. pres. de servicioGrupoImporte euros

B: serv. domingos e festivosB28,23

B: serv. domingos e festivosC25,85

B: serv. domingos e festivosD e E23,51

ATS/DUE EQUIPOS TRANSPL., PERFUSIÓN, HEMODIN., E HIST.

Modalid. pres. de servicioMódulo horarioValor módulo A/mes

Presencia física67 horas/mes333,89

Localizada134 horas/mes333,89

ATENCIÓN CONTINUADA URXENCIAS EXTRAHOSPITALARIAS

Modalid. prest. de servicioValor módulo A/horas

Presencia física persoal facultativo11,90

Localizada persoal facultativo5,95

Presencia física ATS/DUE8,33

Localizada ATS/DUE4,16

NOMEAMENTO PARA A ATENCIÓN CONTINUADA URXENCIAS

EXTRAHOSPITALARIAS

Modalid. prest. de servicioValor módulo A/horas

Presencia física persoal facultativo11,90

Presencia física ATS/DUE8,33

MÓDULOS ATENCIÓN CONTINUADA FACULTATIVOS EXENTOS DE GARDAS

DE ATENCIÓN ESPECIALIZADA

Modalid. pres. de servicioMódulo horarioValor módulo

importe euros

Presencia física4 horas142,84

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA