Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 23 de maio de 2002 Páx. 7.498

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 177/2002, do 10 de maio, polo que se modifica o Decreto 202/1998, do 25 de xuño, polo que se crean os Premios Galicia de Investigación.

O Decreto 202/1998, do 25 de xuño, que creou os Premios Galicia de Investigación, no seu artigo 8 instituíu o Premio Galicia de Innovación Empresarial, dirixido ás pequenas e medianas empresas (Pemes) galegas. A modificación aprobada polo Decreto 138/1999, do 7 de maio, abriu a participación, no devandito premio, doutras Pemes que, aínda non sendo galegas, teñan algún tipo de vinculación coa nosa Comunidade Autónoma.

A experiencia acumulada nestes anos aconsella introducir unha nova modificación que permita que concorran a este premio empresas que, sendo Pemes ata hai uns anos, recentemente e como consecuencia do seu esforzo innovador se transformaron en grandes empresas.

Polo tanto, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dez de maio de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 8 do Decreto 202/1998, do 25 de xuño, na súa redacción dada polo Decreto 138/1999, do 7 de maio, que quedará redactado da forma seguinte:

«Créase o Premio Galicia á Innovación Empresarial, consistente nun diploma acreditativo e nunha placa conmemorativa. Así mesmo, este premio poderá levar asociada unha dotación económica que se fixará, se é o caso, na orde de convocatoria.

O premio está destinado a recoñecer e estimula-lo esforzo innovador por parte das pequenas e medianas empresas (Pemes) galegas. Non obstante, tamén poderán ser obxecto do premio outras Pemes non galegas con algún tipo de vinculación acreditada con Galicia. En ámbolos casos admitiranse así mesmo aquelas empresas que, como consecuencia do seu esforzo innovador, deixaron de ser Pemes transformándose en grandes empresas sempre que a dita evolución se producise recentemente, fixándose na convocatoria anual o período que se considerará, que, en todo caso, non poderá estenderse máis alá dos últimos cinco anos.

O premio, que terá periodicidade anual, será outorgado por proposta dun xurado designado na orde da convocatoria e do que poderán formar parte repre

sentantes da Confederación de Empresarios de Galicia».

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 138/1999, do 7 de maio, que modifica o Decreto 202/1998, do 25 de xuño, polo que se crean os Premios Galicia de Investigación.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de maio de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública