Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 14 de maio de 2002, da Dirección Xeral de Fomento do Emprego, pola que se fai pública a resolución declarativa da procedencia do reintegro do 16 de abril de 2002 das axudas de fomento da contratación indefinida do expediente administrativo FM342B 1999/10-0.

Transcorrido o prazo concedido á empresa para a presentación de alegacións, desde a publicación

do acordo de inicio do expediente declarativo da procedencia de reintegro da axuda concedida, e de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a resolución declarativa da procedencia do reintegro de axudas e subvencións públicas, despois de intentada a notificación persoal no enderezo sinalado pola entidade beneficiaria que no anexo se indica.

A Orde do 21 de xullo de 1998 da Consellería de Economía e Facenda que regula o procedemento de recadación nos supostos de reintegros de axudas ou subvencións públicas, establece no seu artigo 3 que o dito procedemento se iniciará por resolución administrativa declarativa da procedencia do reintegro por parte do órgano competente para a concesión da axuda, será a Consellería de Economía e Facenda quen lle notificará ó interesado o lugar, o prazo, e a contía que se vai reintegrar.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, ante esta Dirección Xeral de Fomento do Emprego, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2002.

Justo de Benito Basanta

Director xeral de Fomento do Emprego

ANEXO

Nº de expediente: FM 342B 1999/10-0.

Procedemento: fomento da contratación indefinida.

Data da resolución de concesión: 30-7-1999.

Beneficiario: Confección y Creación Textil, S.L.

CIF: B-36317915.

Enderezo: Laminada-Pousadouro, 106 Redondela 36800 (Pontevedra).

Incumprimento: artigos 8 e 25 da Orden do 22 de marzo de 1999 pola que se regulan os programas de fomento da contratación por conta allea na Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio de 1999. (DOG nº 62, do 31 de marzo).

Contía da subvención percibida: 198.333,99 euros.