Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 15 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de expedientes sancionadores incoados por infracción administrativa na orde social (602/2001 e 19/2002).

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (artigo 59 da Lei de procedemento administrativo) pola presente cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións na orde social correspondentes.

Empresa: Grofer Ponteareas, S.L.

Domicilio/localidade: Guillade, Portela, Ponteareas.

Número de expediente: 602/01 1103/01 (AI).

Data resolución delegación provincial: 13-2-2002.

Precepto infrinxido: artigo 1 a 4 anexo IV en relación co artigo 8 do Real decreto 486/1997 e artigo 5.2º do Real descreto 5/2000.

Precepto sancionador: artigos 12.16º f e 39.3º do Real decreto 5/2000.

Sanción imposta: 1.502,54 A.

Empresa: Ambulancias Uvis Yagos, S.L.

Domicilio/localidade: Tomás A. Alonso, 121, Vigo.

Número de expediente: 19/02 1227/01 (AI).

Data resolución delegación provincial: 3-4-2002.

Precepto infrinxido: obstrucción.

Precepto sancionador: artigos 50.2º, 39.2º e 40.1º b do Real decreto lexislativo 5/2000.

Sanción imposta: 601,01 A.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada por conducto desta delegación perante o director xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro; advírteselles que de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberán aboa-la multa imposta nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001,

-Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX,

Xa que noutro caso incoarase o procedemento de constrinximento ante a delegación de facenda correspondente.

Vigo, 15 de abril de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE