Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos PO 742/2001 e tres máis.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos. A súa cuantía e número cítanse no anexo.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, naquelas entidades colaboradoras que se consignan no documento de ingreso (Caixa Galicia cta. contable 840. Código 001), que poderá solicitar na propia Delegación Provincial de Pontevedra facendo consta-lo número de expediente sancionador. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto na Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 5 de decembro).

Pontevedra, 9 de abril de 2002.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta

Miguel Veiga Bozt35564194-FPO 742/200126 e) LO 1/1992Areas Regueiro, 12

36700 Tui

300,51 euros

Miguel Veiga Bozt35564194-FPO 743/200126 e) LO 1/1992Areas Regueiro, 12

36700 Tui

300,51 euros

Miguel Veiga Bozt35564194-FPO 744/200126 e) LO 1/1992Areas Regueiro, 12

36700 Tui

300,51 euros

José Manuel González Rodríguez76813339PO 630/200126 e) LO 1/1992Rúa, B, 39

36500 Lalín

210,35 euros