Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 15 de abril de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores de incendios OU 324/2001 IN e dous máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución do correspondente expediente sancionador, por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 23 de xaneiro do 2001, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2001, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da presente publicación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectiva empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución adquira firmeza -a firmeza producirase ó non se interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Ourense, 15 de abril de 2002.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

Expediente

nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción euros

OU 324/01 INEmilio Fernández Fernández

DNI: 34909374-C

Alongos, 32930 Toén (Ourense)Abandono de vehículo OR-1697-HArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DGM e MAN300,51 A

(50.000 ptas.)

OU 333/01 INRamón Seijas Penas

DNI: 33792007

Lgar. Vigueira de Covas

32750 Montederramo (Ourense)

Abandono de vehículo OR-5692-FArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DGM e MAN300,51 A

(50.000 ptas.)

OU 351/01 INSociedad Gallega de Carretillas, S.A.

CIF A-36.711.612

Coto Grande, 1 36318 Cabral-Vigo (Pontevedra)Abandono de vehículo M-6294-KPArtigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 23-1-2001 da DGM e MAN300,51 A

(50.000 ptas.)