Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.395

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de maio de 2002 pola que se convocan premios á innovación educativa.

A calidade da educación depende en gran medida da capacidade do profesorado e do sistema educativo para renovarse de acordo coas novas demandas sociais, as circunstancias sempre cambiantes do alumnado, os novos coñecementos científicos e didácticos, e os correspondentes métodos e instrumentos utilizados. A innovación educativa, fundamentada maiormente na creatividade e na orixinalidade, ó introducir novidades ou renova-la práctica docente, constitúe así mesmo un elemento interno da calidade da educación.

Establecidos os deseños curriculares base, é competencia dos centros, tanto a nivel de proxecto curricular como de programación de aula, o desenvolvemento dos correspondentes currículos. Neste marco de desenvolvemento curricular, é necesario impulsa-la innovación educativa nos niveis non uni

versitarios e recoñece-lo traballo realizado polo profesorado que, individual ou colectivamente, está a levar adiante prácticas educativas innovadoras.

Por outra banda, o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación leva consigo unha transformación nos métodos e unha implicación de sectores cada vez máis amplos de poboación que demandan un acceso constante á formación e a novos coñecementos. Atendendo a esta demanda a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven desenvolvendo desde hai algúns anos accións tendentes a propicia-lo acceso dos centros escolares a Internet, facilitando a instalación de redes de área local, formando o profesorado no uso das novas tecnoloxías, desenvolvendo recursos multimedia interactivos e ofrecendo a través da Internet recursos e servicios educativos. Neste contexto cómpre salienta-lo esforzo do profesorado en dar resposta a un reto que, aínda sendo tecnolóxico, acaba tendo importantes consecuencias culturais. A elaboración de materias educativos propios para o seu uso na rede debe se un dos obxectivos máis decididamente impulsados por esta consellería.

Por todo isto, esta orde establece as bases para a convocatoria e concesión de premios á innovación educativa, facendo fincapé na aplicación á educación das novas tecnoloxías da información e da comunicación.

En consecuencia co anteriormente exposto, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, facendo uso das competencias que ten atribuídas,

DISPÓN:

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto desta orde é a convocatoria de dezaseis premios á innovación educativa para materiais educativos curriculares que propoñan actividades para as diferentes áreas, materias ou módulos dos niveis educativos das distintas etapas das ensinanzas non universitarias, tanto de réxime xeral como especial.

Os premios estarán distribuídos en dúas modalidades:

A. Materiais educativos curriculares especificamente deseñados para ser utilizados en liña como páxina HTML ou difundidos para descarga por Internet e utilización fóra de liña. Estes traballos consistirán na creación de webs, aplicacións, programas ou sistemas interactivos que faciliten o aceso a contidos curriculares a través das novas tecnoloxías.

B. Materiais educativos que requiran na súa aplicación de sistemas tradicionais.

Artigo 2º.-Dotación económica.

Os dezaseis premios ós que se alude no artigo anterior estarán dotados economicamente segundo a seguinte distribución:

Modalidade AModalidade B

1 primeiro premio1.300 A1 primeiro premio950 A

3 segundos premios1.000 A3 segundos premios650 A

4 terceiros premios700 A4 terceiros premios500 A

Así mesmo poderá concederse ata un máximo de catro accésit por modalidade, sen dotación económica, se, a xuízo do xurado, a calidade dos traballos presentados e non premiados o permite.

A cantidade total destinada a premios é, polo tanto, de doce mil euros, e o seu pagamento farase con cargo á aplicación orzamentaria 07.04.322I.640.1 unha vez realizada a retención correspondente.

Artigo 3º.-Características dos materiais.

I. Modalidade A:

1. Os materiais presentados versarán sobre contidos curriculares das diferentes áreas e niveis educativos e deberanse poder resolver mediante a consulta en diferentes ordenadores servidores de información da rede Internet, ou facendo uso deles nun ordenador persoal.

2. Os traballos presentaranse en soporte magnético (disquete ou CD-ROM) e, de se-lo caso, estarán realizados con tecnoloxía que permita a súa visualización nun navegador estándar. As aplicacións incluirán tódolos arquivos necesarios para a resolución da actividade, cos seus correspondentes textos, enlaces, gráficos e arquivos multimedia.

3. As aplicacións de uso en liña executaranse a partir dunha páxina denominada index.htm que servirá de inicio delas. Non deberán empregarse letras maiúsculas, acentos, espacios en branco nin outros caracteres especiais nos nomes de ningún dos arquivos (ou carpetas) incluídos nas aplicacións, sexan páxinas htm, imaxes ou de cualquera outro tipo.

II. Modalidade B:

Os traballos poderán presentarse en papel e incluirán unha versión en soporte informático en formato de Microsoft Word ou Corel WordPerfect.

Artigo 4º.-Requisitos das solicitudes.

1. Poderán participar nesta convocatoria, a título individual ou en grupo, os profesores dos centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que estean en activo e impartan ensinanza nos niveis non universitarios.

2. Os traballos que concorran deberán ser orixinais, inéditos (ou polo menos non comercializados) e non premiados ou que non desfrutaran de bolsa con anterioridade, nin sufragados pola Xunta de Galicia ó abeiro doutros programas.

3. Os concursantes deberán presenta-lo traballo en soporte informático e en soporte papel, por triplicado, no rexistro da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través das distintas delegacións provinciais ou polas canles establecidas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de proceder ó envío certificado por correo, a instancia que debe acompaña-lo traballo estará datada e cuñada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

No caso da modalidade A, presentarase o programa ou conxunto dos programas en disquetes de 3 œ polgadas ou en soporte CD-ROM claramente etiquetados, e os correspondentes manuais, que incluirán os seguintes puntos:

-Requirimentos de hardware e software e procedemento de execución da aplicación.

-Guía do profesor, con exposición dos obxectivos educativos que se pretenden, indicación das actividades que se propoñen e dos aspectos curriculares nos que se incide.

-Guía detallada da utilización da aplicación polo alumno.

-Descrición, se procede, doutros materiais complementarios (escritos, gráficos, audiovisuais, etcétera).

-Os manuais presentaranse en papel e en formato electrónico de Microsoft Word ou Corel WordPerfect.

4. Os traballos deberán ir acompañados da seguinte documentación:

a) Instancia dirixida á directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, asinada polo autor ou, se é o caso, polo coordinador responsable do grupo de traballo, segundo o modelo do anexo I desta orde. Nela deberá constar con claridade un enderezo de correo electrónico para as comunicacións pertinentes.

b) Certificación do director do centro educativo, acreditativa de que os concursantes, que deberán relacionarse xunto cos seus DNI e NRP correspondentes, prestan os seus servicios como persoal docente no devandito centro ou de que estiveron destinados neste durante a realización da experiencia.

c) Memoria descritiva da experiencia educativa, dunha extensión máxima de 20 folios (escrito en fonte courier de 12 puntos e con espaciado de 1,5 e sen comprimi-los caracteres), que se axustará ó esquema establecido no anexo II.

d) Resumo da experiencia nun máximo de dous folios a dobre espacio.

e) Anexos de descrición dos traballos ou actividades realizados polos alumnos durante a experiencia, se procede.

f) Declaración xurada ou promesa de estar en posesión dos dereitos de publicación, distribución e uso da totalidade da experiencia, materiais ou productos presentados, de que son inéditos ou, polo menos, non foron comercializados, e de que non foron premiados ou non desfrutaron de bolsa con anterioridade, nin sufragados pola Xunta de Galicia ó abeiro doutros programas.

No caso de que os autores non dispoñan da plena titularidade dos dereitos do traballo presentado, terán que achegar un escrito firmado polos posuidores destes aceptando as bases deste concurso.

O feito de que un producto necesite facer uso para o seu funcionamento de software comercial e/ou os seus dereitos para a súa distribución non poidan ser cedidos polo concursante será motivo suficiente para a súa exclusión do concurso.

Artigo 5º.-Prazo de presentación.

O prazo de presentación dos traballos finaliza o 30 de xullo de 2002.

Artigo 6º.-Composición e funcións do xurado.

1. Os traballos que concursen e se axusten á presente convocatoria, serán examinados e valorados por un xurado composto polos seguintes membros:

Presidenta: a directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, ou persoa na que delegue.

Vocais: o subdirector xeral de Ordenación Educativa. O inspector xefe da Inspección Central. O xefe do servicio de Ordenación e Innovación Educativa. O xefe do servicio de Formación do Profesorado.

Secretario: un funcionario ou funcionaria do servicio de Ordenación e Innovación Educativa, que actuará con voz pero sen voto.

2. O xurado, se é o caso, poderá contar co asesoramento de especialistas.

3. Os premios poderán ser declarados desertos ou determinarse a súa acumulación ou compartición.

4. Con carácter excepcional, e por acordo motivado do xurado, a directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional poderá determina-la redistribución dos premios declarados desertos entre os adxudicados.

Artigo 7º. Criterios de valoración.

O xurado seleccionará os traballos tendo en conta os seguintes criterios:

-A coherencia co modelo de currículo establecido pola Xunta de Galicia.

-A calidade e rigor polo seu interese científico, orixinalidade, concreción dos obxectivos formulados e coherencia interna.

-O carácter innovador, tanto pola creatividade e orixinalidade do deseño pedagóxico como pola metodología e recursos implicados.

-A relevancia e volume dos contidos, respecto ó total do currículo da materia, de exemplos, exercicios e outros materiais complementarios, así como a suxestión doutras posibles aplicacións didácticas na aula.

-Os niveis e tipo de ensinanzas ós que van dirixidos.

-A calidade do deseño e presentación gráfica.

-A facilidade, realismo e versatilidade da aplicación para a súa utilización en aulas estándares.

-Que as actividades propostas fomenten no alumno a adquisición de habilidades, actitudes e procedementos.

-Que permita a gradación da aprendizaxe en diferentes niveis e que as propostas pedagóxicas ofrezan distintos niveis de aprendizaxe.

-Que o currículo elixido corresponda a materias nas que se da un maior índice de fracaso escolar ou que o traballo estea dirixido a alumnado con dificultades de aprendizaxe.

-A utilización de aplicacións informáticas en dotación nos respectivos departamentos didácticos dos centros educativos da Comunidade Autónoma.

-Que fora experimentado co alumnado.

-Que conteña un plan de avaliación adecuado para a comprobación da consecución dos obxectivos.

-Que implique a participación dun sector significativo do claustro de profesores.

No caso da modalidade A, engadirase:

-O aproveitamento pedagóxico de tódalas vantaxes e utilidades dos recursos do medio tecnolóxico no que se presenta a aplicación, tendo en conta as tendencias actuais e os estándares da linguaxe HTML.

-A cantidade de enlaces e aplicacións.

Artigo 8º. Resolución.

O prazo máximo de resolución será de seis meses contados a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A proposta de concesión de premios emitida polo xurado elevarase ó conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, para a súa resolución e publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que porá fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 9º.-Certificación.

A Administración educativa recoñecerá ós participantes nos traballos premiados ou con mención de accésit, mediante expedición de certificado persoal, as actividades de innovación realizadas no marco desta convocatoria.

Artigo 10º.-Pagamento dos premios.

1. O pagamento do importe correspondente ós premios farase por transferencia bancaria a nome do autor ou autora se o traballo é individual. No caso de que o traballo sexa colectivo, establecerase na solicitude se o pagamento se fará ó coordinador ou a tódolos integrantes do grupo, e en que porcentaxe se distribuirá dentro deste.

2. Os premios estarán suxeitos á retención fiscal correspondente.

Artigo 11º.-Publicación.

A presentación a esta convocatoria implicará a cesión a favor da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dos dereitos de edición dos traballos premiados ou con accésit por un período de dous anos, así como a renuncia ós dereitos de propiedade intelectual correspondentes a unha primeira edición.

No caso de que, nese período, os autores decidiran publica-los traballos premiados por outras vías, deberán solicita-lo permiso correspondente á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional. De se-la resposta positiva, na publicación deberá constar expresamente o premio ou accésit de que foi obxecto.

Así mesmo os autores quedan comprometidos a autoriza-las modificacións precisas nos documentos finais e subministra-los arquivos de código-fonte necesarios para que poidan ser publicados total ou parcialmente no formato máis adecuado.

Artigo 12º.-Retirada da documentación.

Os interesados ou os seus representantes legais poderán retira-la documentación dos traballos non premiados na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional no prazo de catro meses a partir da publicación da resolución da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o devandito prazo, procederase á súa destrucción.

Artigo 13º.-Recurso.

Contra esta orde poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario

Oficial de Galicia, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo prevé a Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional para dic

ta-las disposicións necesarias no desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO II

ASPECTOS QUE HAI QUE DESENVOLVER NA MEMORIA DESCRITIVA PARA A SOLICITUDE DE PREMIOS Á INNOVACIÓN EDUCATIVA

1. Datos de identificación:

1.1. Título

1.2. Ámbito de aplicación do traballo:

-Centro/s.

-Rúa.

-Localidade.

-Provincia.

1.3. Delimitación do campo de traballo:

-Ciclo/s.

-Curso/s.

-Área/s.

-etc.

1.4. Autor/a ou coordinador/a do traballo.

1.5. Datos personais e profesionais do profesorado que interviene no traballo.

2. Deseño:

2.1. Xustificación do traballo:

-No marco do proxecto curricular da etapa e da programación da aula.

-Contexto na xurde.

-Cuestións ás que pretende responder.

-etc.

2.2. Obxectivos pretendidos:

-Qué se experimentou.

-Defini-la súa finalidade.

-etc.

2.3. Metodoloxía seguida:

-Hipóteses formuladas.

-Selección de variables.

-Técnicas utilizadas.

-Organización.

-etc.

2.4. Descrición pormenorizada do traballo:

-Duración.

-Fases.

-Contidos.

-Secuencias.

-etc.

2.5. Aspectos ou elementos avaliados e a súa incidencia na práctica docente.

2.6. No caso de participantes de varios centros, se especificará:

-Os mecanismos establecidos para a coordinación.

-Intercambio de información.

-Posta en común e avaliación conxunta.

2.7. Transferibilidade da experiencia a aulas estándares.