Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.390

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 25 de abril de 2002 pola que se autoriza o cambio de denominación da escola de danza Marina Cobián e María Gloria Casais Rodríguez, de Vigo (Pontevedra).

A escola de danza Marina Cobián e María Gloria Casais Rodríguez, de Vigo (Pontevedra) foi incluída no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comu

nidade Autónoma de Galicia por Decreto 158/1993, do 8 de xullo (Diario Oficial de Galicia do 20 de xullo), de acordo co previsto na Orde do 11 de marzo de 1993 pola que se regulan as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 22 de abril).

As titulares do centro solicitan o cambio de denominación desta escola de danza.

Considerando que concorren no expediente tódolos requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado e cumpridos tódolos trámiltes regulamentarios previstos, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo cambio de denominación da escola de danza Marina Cobián e María Gloria Casais Rodríguez, de Vigo (Pontevedra), segundo os datos que figuran no anexo a esta orde.

Segundo.-O cambio de denominación non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Terceiro.-Esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: rúa Joaquín Loriga, 8, baixo.

Código do centro: 36020088.

Titulares: Marina Cobián Villanueva e María Gloria Casais Rodríguez.

Denominación xenérica: escola de danza.

Denominación específica: Danza Pasiños.