Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.386

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 172/2002, do 2 de maio, polo que se adscribe ó organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo o sexto andar do edificio situado na avenida da Habana número 1 de Ourense.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten a titularidade do edificio situado na avenida da Habana nº 1 de Ourense.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo, organismo autónomo de carácter administrativo, dotado de personalidade xurídica propia e adscrito á Consellería de Ordenación do Territorio, Obras Públicas e Vivenda, solicitou a adscrición do sexto andar do antedito edificio para a instalación da súa oficina de xestión de fianzas en Ourense.

Vistos os informes da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, e da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Á vista do disposto nos artigos 13 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 20 e seguintes do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da dita lei, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da

Xunta de Galicia na súa reunión do día dous de maio de dous mil dous,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Adscríbese ó organismo autónomo Instituto Galego da Vivenda e Solo o sexto andar do edificio sito na avenida da Habana nº 1 de Ourense, composto de dúas vivendas, unha de 82,55 m de superficie total construída e 58,75 m de superficie útil, e outra de 109 m e 80,90 m útiles.

Artigo 2º

A adscrición confírelle ó dito organismo autónomo as facultades de administración, xestión e conservación dos bens inmobles adscritos.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, resolverá tódalas incidencias que poidan xurdir na execución deste acordo, e levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do disposto neste decreto.

Santiago de Compostela, dous de maio de dous mil dous.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernádez

Conselleiro de Economía e Facenda