Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.386

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 111/2002, do 7 de marzo, polo que se fixan os prezos públicos das publicacións editadas e dos servicios de información a través de explotacións de datos estatísticos prestados polo Instituto Galego de Estatística.

Advertidos erros no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 67, do luns, 8 de abril de 2002, cómpre realiza-las oportunas correccións:

-Na páxina 4.409, na alínea onde di: «a) Serán gratuítas as explotacións estatísticas:», debe dicir: «b) Serán gratuítas as explotacións estatísticas:».

-Na páxina 4.410, onde di: «a) Aplicarase unha bonificación de ata un máximo de...», debe dicir: «c) Aplicarase unha bonificación de ata un máximo de...».

Onde di: «a) Disporán dunha cota anual de información...», debe dicir: «d) Disporán dunha cota anual de información...».