Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 21 de maio de 2002 Páx. 7.381

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN conxunta do 6 maio de 2002, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, do Instituto Galego de Consumo, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, da Dirección Xeral de Saúde Pública, da Dirección Xeral de Xustiza, do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, da Dirección Xeral da Xuventude e do Centro de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente, pola que se convocan premios á innovación educativa sobre os temas transversais.

Os decretos 426/1991, do 12 de decembro (DOG do 14 de xaneiro de 1992); 245/1992, do 30 de xullo (DOG do 14 de agosto); 78/1993, do 25 de febreiro (DOG do 2 de abril) e 275/1994, do 29 de xullo (DOG do 31 de agosto), establecen, respectivamente, os currículos de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato para a Comunidade Autónoma de Galicia. Igualmente, os currículos dos ciclos formativos de formación profesional establécense nos seus decretos correspondentes.

Os centros educativos deben desenvolve-los currículos educativos das distintas etapas tanto a nivel de proxecto curricular como de programación de aula. Neste marco de desenvolvemento curricular, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a impulsa-las actividades de innovación educativa como medio de promoción e actualización profesional do profesorado.

Unha sociedade, na que os valores cambian con rapidez, demanda das institucións da nosa comunidade accións dirixidas a potenciar actitudes e coñecementos que no eido da educación consideramos temas transversais do currículo, tales como educación para a saúde, educación para o consumo, educación para a paz e a multiculturalidade, educación para a igualdade de ámbolos sexos, educación para o lecer e educación ambiental, e que pola súa transcendencia e relevancia social necesitan para o seu desenvolvemento do concurso de tódalas institucións.

No Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, no artigo 8 indícase a competencia do Centro de Desenvolvemento Sostible para a elaboración e promoción de programas e módulos tendentes á integración do ambiente no currículo educativo das ensinanzas regradas para efectos da súa proposta á Admistración educativa.

O Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller prioriza a intervención educativa como instrumento de cambio e superación de discriminacións e desigualdades entre homes e mulleres, impulsando a realización de novos desenvolvementos da educación para a igualdade nas comunidades escolares co obxecto de proporcionar, desde as primeiras etapas educativas, outros modelos de relación e convivencia entre as persoas de diferente sexo.

Por todo isto, a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, en colaboración co Instituto Galego de Consumo, a Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, a Dirección Xeral de Saúde Pública, a Dirección Xeral de Xustiza, o Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, a Dirección Xeral da Xuventude e o Centro de Desenvolvemento Sostible da Consellería de Medio Ambiente, establece, na presente resolución, as bases para a convocatoria e concesión de premios á innovación educativa sobre os temas transversais.

En consecuencia co anteriormente exposto,

DISPOÑEMOS:

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto desta resolución é a convocatoria de dous premios á innovación educativa sobre cada un dos seguintes temas: a transversalidade na educación, educación vial, educación para o consumo, prevención do consumo indebido de drogas, educación para a saúde (prevención VIH/SIDA e ETS, promoción da vida sen tabaco, saúde bucodental e alimentación e dieta sa), educación para a paz e a multiculturalidade, educación para a igualdade de ámbolos sexos, educación para o lecer e educación ambiental, para todo o ensino non universitario; e a aprobación das súas bases de concesión.

Os premios estarán distribuídos en dúas modalidades:

A. Materiais educativos curriculares especificamente deseñados para ser utilizados en liña como páxina HTML ou difundidos para descarga por Internet e utilización fóra de liña. Estes traballos consistirán na creación de webs, aplicacións, programas ou sistemas interactivos que faciliten o acceso a contidos curriculares a través das novas tecnoloxías.

B. Materiais educativos que requiran na súa aplicación de sistemas tradicionais.

Artigo 2º.-Dotación económica.

Os dous premios ós que se alude no artigo anterior terán a seguinte dotación:

Temas trasversaisPremiosAplicación

Modalid. AModalid. Borzamentaria

A transversalidade na educación2.000 A1.000 A07.04.332I.640.1

Educación vial2.000 A1.000 A07.04.332I.640.1

Educación para o consumo2.000 A1.000 A08.50.343A.640.0

Prevención do consumo indebido de drogas2.000 A1.000 A11.01.313A.640.1

Educación para a saúde (prevención VIH/SIDA e ETS, promoción da vida sen tabaco, saúde bucodental e alimentación e dieta sa)2.000 A1.000 A11.02.313A.640.4

Educación para a paz e a multiculturalidade2.000 A1.000 A13.02.123A.226.06

Educación para igualdade de ámbolos sexos2.000 A1.000 A14.50.212A.227.06

Educación para o lecer2.000 A1.000 A14.01.211A.640.0

Educación ambiental2.000 A1.000 A15.05.342A.640.1

Así mesmo poderá concederse un accésit por tema e modalidade, sen dotación económica, se, a xuízo do xurado, a calidade dos traballos presentados e non premiados o permite.

Artigo 3º.-Características dos materiais.

I. Modalidade A:

1. Os materiais presentados versarán sobre contidos curriculares das diferentes áreas e niveis educativos e deberanse poder resolver mediante a consulta en diferentes ordenadores servidores de información da rede Internet, ou facendo uso deles nun ordenador persoal.

2. Os traballos presentaranse en soporte magnético (disquete ou CD-ROM) e, de se-lo caso, estarán realizados con tecnoloxía que permita a súa visualización nun navegador estándar. As aplicacións incluirán tódolos arquivos necesarios para a resolución da actividade, cos seus correspondentes textos, enlaces, gráficos e arquivos multimedia.

3. As aplicacións de uso en liña executaranse a partir dunha páxina denominada index.htm que servirá de inicio das mesmas. Non deberán empregarse letras maiúsculas, acentos, espacios en branco nin outros caracteres especiais nos nomes de ningún dos arquivos (ou carpetas) incluídos nas aplicacións, sexan páxinas htm, imaxes ou de cualquera outro tipo.

II. Modalidade B:

Os traballos poderán presentarse en papel e incluirán unha versión en soporte informático en formato de Microsoft Word ou Corel WordPerfect.

Artigo 4º.-Requisitos das solicitudes.

1. Poderán participar nesta convocatoria, a título individual ou en grupo, os profesores dos centros públicos dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que estean en activo e impartan ensinanza nos niveis non universitarios.

2. Os traballos que concorran deberán ser orixinais, inéditos (ou polo menos non comercializados) e non premiados ou que non se lles concedese bolsa

con anterioridade nin sufragados pola Xunta de Galicia ó abeiro doutros programas.

3. Os concursantes deberán presenta-lo traballo en soporte informático e en soporte papel, por triplicado, no rexistro da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a través das distintas delegacións provinciais ou polas canles establecidas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de proceder ó envío certificado por correo, a instancia que debe acompaña-lo traballo estará datada e cuñada polo funcionario de correos antes de ser certificada.

No caso da modalidade A, presentarase o programa ou conxunto dos programas en disquetes de 3 œ polgadas ou en soporte CD-ROM claramente etiquetados, e os correspondentes manuais, que incluirán os seguintes puntos:

-Requirimentos de hardware e software e procedemento de execución da aplicación.

-Guía do profesor, con exposición dos obxectivos educativos que se pretenden, indicación das actividades que se propoñen e dos aspectos curriculares nos que se incide.

-Guía detallada da utilización da aplicación polo alumno.

-Descrición, se procede, doutros materiais complementarios (escritos, gráficos, audiovisuais, etcétera).

-Os manuais presentaranse en papel e en formato electrónico de Microsoft Word ou Corel WordPerfect.

4. Os traballos deberán ir acompañados da seguinte documentación:

a) Instancia dirixida á directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, asinada polo autor ou, se é o caso, polo coordinador responsable do grupo de traballo, segundo o modelo do anexo I desta resolución. Nela deberá constar con claridade un enderezo de correo electrónico para as comunicacións pertinentes.

b) Certificación do director do centro educativo, acreditativa de que os concursantes, que deberán relacionarse xunto cos seus DNI e NRP correspondentes, prestan os seus servicios como persoal docente no devandito centro ou de que estiveron destinados neste durante a realización da experiencia.

c) Memoria descritiva da experiencia educativa, dunha extensión máxima de 20 folios (escrito en fonte courier de 12 puntos e con espaciado de 1,5 e sen comprimi-los caracteres), que se axustará ó esquema establecido no anexo II.

d) Resume da experiencia nun máximo de dous folios a dobre espacio.

e) Anexos de descrición dos traballos ou actividades realizados polos alumnos durante a experiencia, se procede.

f) Declaración xurada ou promesa de estar en posesión dos dereitos de publicación, distribución e uso da totalidade da experiencia, materiais ou productos presentados, de que son inéditos ou, polo menos, non foron comercializados, e de que non foron premiados ou non se lles concedeu unha bolsa con anterioridade nin sufragados pola Xunta de Galicia ó abeiro doutros programas.

No caso de que os autores non dispoñan da plena titularidade dos dereitos do traballo presentado, terán que presentar un escrito asinado polos posuidores dos mesmos aceptando as bases deste concurso.

O feito de que un producto necesite facer uso para o seu funcionamento de software comercial e/ou os seus dereitos para a súa distribución non poidan ser cedidos polo concursante será motivo suficiente para a súa exclusión do concurso.

Artigo 5º.-Prazo de presentación.

O prazo de presentación dos traballos finaliza o 30 de xullo de 2002.

Artigo 6º.-Composición e funcións do xurado.

1. Os traballos que concursen e se axusten a esta convocatoria serán examinados e valorados por un xurado composto polos seguintes membros:

Presidenta: a directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

Vicepresidente: o subdirector xeral de Ordenación Educativa.

Vocais:

O xerente do Instituto Galego de Consumo, ou persoa na que delegue.

O comisionado do Plan de Galicia sobre Drogas, ou persoa na que delegue.

A subdirectora xeral de Programas de Saúde Pública, ou persoa na que delegue.

O subdirector xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, ou persoa na que delegue.

A secretaria xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, ou persoa na que delegue.

O subdirector xeral de Promoción e Actividades, ou persoa na que delegue.

O xefe de Servicio de Información e Formación Ambiental, ou persoa na que delegue.

O xefe do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa.

Secretario/a: un funcionario ou funcionaria do Servicio de Ordenación e Innovación Educativa, que actuará con voz pero sen voto.

2. O xurado, se é o caso, poderá contar co asesoramento de especialistas.

3. Os premios poderán ser declarados desertos ou determinarse a súa acumulación ou compartición dentro de cada tema e modalidade.

Artigo 7º.-Criterios de valoración.

O xurado seleccionará os traballos tendo en conta os seguintes criterios:

A) Con carácter xeral:

-A coherencia co modelo de currículo establecido pola Xunta de Galicia.

-A calidade e o rigor do traballo polo seu interese científico, orixinalidade, concreción dos obxectivos propostos e coherencia interna.

-O carácter innovador tanto pola creatividade e orixinalidade do deseño pedagóxico como pola metodoloxía e recursos implicados.

-A relevancia e volume dos contidos, así como a cantidade de exemplos, exercicios e outros materiais complementarios, e a suxerencia doutras posibles aplicacións didácticas na aula.

-Os niveis educativos e tipo de ensinanzas.

-A calidade do deseño e presentación gráfica.

-A facilidade, realismo e versatilidade da aplicación para a súa utilización en aulas estándares.

-Que as actividades propostas fomenten a xeración no alumno de habilidades, actitudes, procedementos e sobre todo valores.

-Que fora experimentado cos alumnos.

-Que conteña un plan de avaliación adecuado para a comprobación da consecución dos obxectivos.

-Que implique a participación dun sector significativo do claustro de profesores.

B) Con carácter específico:

-No caso do tema de prevención de consumo indebido de drogas, daráselles prioridade ós traballos realizados sobre o material didáctico sobre prevención do consumo indebido de drogas, editado polas Consellerías de Educación e Ordenación Universitaria e de Sanidade.

-No caso do tema de educación ambiental, valoraranse os seguintes aspectos nos traballos presentados:

-Coherencia ambiental e fomento da ética ambiental respecto do equilibrio ecolóxico e a calidade de vida;

-Rendibilidade social e continuidade da experiencia.

No caso da Modalidade A, haberá que engadir:

-O aproveitamento pedagóxico de tódalas vantaxes e utilidades dos recursos do medio tecnolóxico no

que se presenta a aplicación, tendo en conta as tendencias actuais e os estándares da linguaxe HTML.

-A cantidade de enlaces e aplicacións.

Artigo 8º.-Resolución.

O prazo máximo de resolución será de seis meses contados a partir do día seguinte da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A resolución da xurado esgotará a vía administrativa e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Contra esta resolución os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición perante a directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 9º.-Certificación.

A administración educativa recoñeceralles ós participantes nos traballos premiados ou con mención de accésit, mediante expedición de certificado persoal, as actividades de innovación realizadas no marco desta convocatoria.

Artigo 10º.-Pagamento dos premios.

1. O pagamento do importe correspondente ós premios farase por transferencia bancaria a nome do autor ou autora se o traballo é individual. No caso de que o traballo sexa colectivo, establecerase na solicitude se o pagamento se fará ó coordinador ou coordinadora ou ó grupo, e en qué porcentaxe se distribuirá dentro deste.

2. Os premios estarán suxeitos á retención fiscal correspondente.

Artigo 11º.-Publicación.

A presentación a esta convocatoria implicará a cesión a favor das consellerías e organismos convocantes dos dereitos de edición dos traballos premiados ou con accésit por un período de dous anos, así como a renuncia ós dereitos de propiedade intelectual correspondentes a unha primeira edición.

No caso de que, neste período, os autores decidiran publica-los traballos por outras vías, deberán solicita-lo permiso correspondente á consellería ou organismo que outorgue o premio ou á de Educación e Ordenación Universitaria no caso dos accésit. De se-la resposta positiva, na publicación deberá constar expresamente o premio ou accésit de que foi obxecto.

Así mesmo os autores quedan comprometidos a autoriza-las modificacións precisas nos documentos finais e subministra-los arquivos de código-fonte necesarios para que poidan ser publicados total ou parcialmente no formato máis adecuado.

Artigo 12º.-Retirada da documentación.

Os interesados ou os seus representantes legais poderán retira-la documentación dos traballos non premiados, na Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional no prazo de catro meses a partir da publicación da resolución desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o devandito prazo, procederase á súa destrucción.

Artigo 13º.-Recurso.

Contra esta orde poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo prevé a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2002.

Mar Pérez Marsó.

Directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

Víctor Tello Calvo.

Presidente do Instituto Galego de Consumo.

Manuel Antonio Silva Romero.

Secretario xeral da Consellería de Sanidade.

Manuel Barral Castro.

Director xeral de Saúde Pública.

Juan José Martín Álvarez.

Director xeral de Xustiza.

Aurora Montes Santa-Olalla.

Directora xeral do Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

Loreto San Martín Gómez.

Directora xeral de Xuventude.

Francisco Pan-Montojo González.

Director xeral do Centro de Desenvolvemento Sostible.