Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 20 de maio de 2002 Páx. 7.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIVEIRO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello de Viveiro, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 5 de abril de 2002, aprobou definitivamente o estudio de detalle presentado por Andrés López Blanco para a ordenación de volumes e determinación de aliñacións nun soar de 1.566,14 m sito en Granxas-Covas, esquina entre a estrada e o camiño da Parrela, segundo o proxecto asinado polo arquitecto Gonzalo J. Fernández López.

Consonte o disposto no artigo 34.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, coa aprobación definitiva extínguese a suspensión do outorgamento de licencias urbanísticas no ámbito territorial da norma de planeamento.

Contra este acordo, que é firme na vía administrativa, poderase presentar, á escolla do interesado:

-Recurso de reposición, ante o mesmo órgano que dictou o acto, no prazo dun mes, contado desde o

día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

-Recurso contencioso-administrativo, directamente, ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Se se opta por presenta-lo recurso de reposición, o prazo para dicta-la súa resolución e notificación será dun mes; contra a desestimación expresa ou presunta polo transcurso do prazo do mes, poderá presentar recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdiccional e no prazo antes mencionado.

Malia o antedito, poderá presentar, se é o caso, calquera outro recurso que estime procedente.

A interposición do recurso non paraliza a executividade da resolución.

Viveiro, 17 de abril de 2002.

César Aja Mariño

Alcalde